Comisións Obreiras
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Comisións Obreiras (CC.OO.) | |
---|---|
Sindicato Traballador | |
![]() | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Unai Sordo |
Filiación internacional | Confederación Europea de Sindicatos Confederación Sindical Internacional |
Historia | |
Fundación | 1976 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo Socialismo democrático Republicanismo Internacionalismo |
Outros datos | |
Sede | C/Fernández de la Hoz, 12. 28010 Madrid ![]() |
Na rede | |
ccoo.es | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
1 Vinculado orixinariamente ao PCE | |
A Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CCOO) é un sindicato español, primeiro en número de persoas afiliadas e por delegados elixidos nas eleccións sindicais.
Fundouse en 1976 como confederación das diferentes Comisións Obreiras que existían na clandestinidade. Nas súas orixes o sindicato estaba profundamente ligado ao Partido Comunista de España, sendo moi habitual a dupla militancia no PCE e nas Comisións Obreiras clandestinas. Porén, nos estatutos a Confederación Sindical de CCOO defínese como independente de calquera partido. Actualmente o seu secretario xeral é Unai Sordo.
Tras rematar o ciclo electoral en decembro de 2019, aparece como a primeira central sindical de España.[1]
En Galiza traballa coa denominación Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, fundado en 1978, e o seu secretario xeral é Xosé Manuel Sánchez Aguión.
Historia
[editar | editar a fonte]
Após a guerra civil española (1936-1939), prohibíronse os partidos políticos e disolvéronse os sindicatos, cuxos militantes foron vítimas da represión do novo réxime ditatorial. Porén, os problemas laborais non desapareceron xunto cos sindicatos, e en 1947 tivo lugar en Biscaia a primeira folga do franquismo.
Poucos anos despois, na década dos 50, os sindicatos comezaron a organizarse na clandestinidade, e naceron as primeiras 'comisións' de traballadores e traballadoras. Tiñan carácter 'espontáneo' e estaban impulsadas polo PCE, movementos cristiáns obreiros e outros colectivos antifranquistas, constituíndo os xermolos das Comisións Obreiras.
Nos anos 60 as CCOO eran xa un movemento con certa organización e comezaron a infiltrarse no Sindicato Vertical, o único permitido no réxime. Así, traballadoras e traballadores que clandestinamente militaban nas Comisións Obreiras formaban parte das listas 'oficiais' ás eleccións sindicais, logrando importantes triunfos nas de 1966.
Porén, o ano seguinte as CCOO foron declaradas "subversivas e ilícitas", polo que os seus membros foron perseguidos e represaliados, con preto de 9.000 condenas ditadas no período 1966-1977 polo Tribunal de Orde Pública. Ademais, diferentes declaracións de estado de excepción, sobre todo entre 1969 e 1971, acabarían na detención e tortura de moitos dirixentes obreiros. Cabe sinalar tamén o Proceso 1001, mercé ao cal foron condenados a varios anos de cárcere os membros da Coordinadora Nacional de CCOO.[2]
En 1975, coa morte de Francisco Franco, o réxime ditatorial comeza a desintegrarse e xorden presións para lograr a legalización dos diferentes partidos e das centrais sindicais. O Secretariado da Coordinadora Xeral de CCOO decidiu celebrar a Asemblea Xeral de CCOO en Madrid os días 27, 28 e 29 de xuño de 1976, pero as autoridades prohibírono.
Con todo, a dirección do sindicato decidiu celebrar clandestinamente a asemblea en Barcelona o 11 de xullo do mesmo ano. Constatada a imposibilidade de crear un sindicato unitario, decidiuse a creación da Confederación Sindical de Comisións Obreiras. O 27 de abril de 1977, logo da legalización dos partidos políticos, legalizáronse os sindicatos, co que CCOO puido constituírse xuridicamente. O primeiro congreso do sindicato foi en xuño de 1978 e Marcelino Camacho resultou electo secretario xeral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ González Navarro, Javier (16 de xuño de 2020). "CC.OO. gana las elecciones sindicales por séptima vez consecutiva con el 35,43% de los delegados". abc.es (en castelán). Consultado o 12 de maio de 2021.
- ↑ El final de la dictadura, de Alberto Sabio e Nicolás Sartorius. Consultado o 6 de febreiro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comisións Obreiras ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial de CCOO Arquivado 15 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)
- Páxina web oficial do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia Arquivado 25 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.
![]() |
Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |