CFM International
CFM International | |
---|---|
Tipo | empresa conxunta |
Fundación | 1974 |
Matriz | GE Aviation Safran Aircraft Engines |
Industria | aeroespacial |
Produtos | motores |
Na rede | |
http://www.cfmaeroengines.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
CFM International é unha empresa conxunta 50/50 entre GE Aviation, unha división da estadounidense General Electric, e Safran Aircraft Engines (anteriormente coñecida como Snecma), unha división da francesa Safran. Formouse para construír e apoiar a serie de motores turboventiladores CFM56. A compañía é a líder mundial na subministración de motores para avións comerciais, entregando ata a data máis de 37 500 dos seus motores a máis de 570 operadores. En 2019 tiña o 39% da cota de mercado mundial de motores de avións comerciais.[1]
Os nomes de CFM International e da liña de produtos CFM56 derivan das designacións de motores comerciais das dúas compañías nais: CF6 de GE e M56 de Snecma.
No ano 2019 CFM International entrgou máis de 2 100 motores valorados en 30 700 millóns de dólares. Ese ano CFM recibiu pedidos por 2 148 motores, incluídos 180 CFM56 e 1 968 LEAP.[2]
Produtos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Global aircraft engine market share by manufacturer". Statista (en inglés). Consultado o 2022-05-24.
- ↑ "CFM Logs More Than 2,100 Engine Orders in 2019". CFM International (en inglés). Consultado o 2022-05-25.