CH Txuri-Urdin
O Club Hockey Xeo Txuri Urdin (en galego) ou Txuri Urdin Izotz Hockey Taldea, Txuri Urdin IHT (en éuscaro), é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Donostia, País Vasco. Actualmente compite na Superliga española, a máxima competición española e da que é o equipo máis laureado con 9 títulos. Disputa os seus partidos como local no Txuri Urdin Izotz Jauregia, con capacidade para 1.200 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O club foi fundado en 1972. O CH Txuri Urdin foi un dos seis membros fundadores da Superliga Española de Hóckey Xeo, a máxima competición deste deporte no Estado español. Logo da rivalidade veciñal coa Real Sociedad os tres primeiros anos na liga e na copa, o Txuri Urdin sucedeu ao equipo branquiazul en 1976 coma o primeiro equipo en suceder á Real Sociedad. Ese mesmo ano, a sección de hóckey da Real Sociedad disolveuse, polo que o Txuri Urdin pasou a ser o único equipo de hóckey sobre xeo de Primeira División na cidade. O Txuri Urdin gañou en 9 ocasións o título de liga (equipo con máis triunfos) e en seis a copa, o último título de liga chegou o ano 2000, ano no que acadou o dobrete (liga e copa). Ademais, o club gañou a Copa de Euskadi nunha ocasión, en 1993.
A mellor época do equipo vasco foi a década dos '90, cando conquistou 5 títulos de liga, 3 de copa e a única Copa de Euskadi, ademais dos 2 subcampionatos de liga e copa.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 9 Superligas españolas: 1976, 1980, 1985, 1990, 1992, 1993, 1995, 1999 e 2000.
- 5 subcampionatos de liga: 1978, 1979, 1991, 1994 e 2005.
- 6 Copas do Rei: 1979, 1980, 1990, 1991, 1994 e 2000.
- 7 veces finalista da Copa do Rei: 1977, 1978, 1986, 1988, 1989, 1993 e 1996.
- 1 Copa de Euskadi: 1993
Participacións na Copa de Europa
[editar | editar a fonte]Tempada | Rolda | Adversario | Resultado(s) |
---|---|---|---|
1980-81 | 1ª Rolda | Mammouth de Tours | 2-2 ; 2-10 |
1985-86 | 1ª Rolda | exento | |
2ª Rolda | Hockey Club Bolzano | 1-5 ; 0-18 | |
1990-91 | 1ª Rolda | Dragons de Rouen Rotterdam |
2-16 1-21 |
1992-93 | 1ª Rolda | Wasps de Durham Vålerenga IF Steaua Bucarest |
2-9 1-11 1-10 |
1993-94 | 1ª Rolda | Esbjerg fB Ishockey Vålerenga IF Nijmegen Emperors |
3-18 0-15 2-8 |
1995-96 | Preliminar | Tornado de Luxembourg | 5-4 ; 2-2 |
1ª Rolda | HDD ZM Olimpija Tilburg Trappers Steelers de Sheffield |
2-17 1-14 2-9 | |
1999-00 | 1ª Rolda | Irbiz Kiev Ducs d'Angers HC Louvain |
1-16 1-12 4-3 |
2000-01 | 1ª Rolda | Blue Fox de Herning IK Les Léopards de Caen Nijmegen Emperors |
0-17 3-20 1-11 |
Balanzo europeo
[editar | editar a fonte]Partidos xogados | Vitorias | Empates | Derrotas | Goles a favor | Goles en contra | Diferenza |
---|---|---|---|---|---|---|
22 | 2 | 2 | 18 | 39 | 258 | -219 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Site oficial do club
- Novas do hóckey sobre xeo de España Arquivado 07 de febreiro de 2011 en Wayback Machine.