Saltar ao contido

CPI Monte Caxado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
CPI Monte Caxado
Enderezo
Datas
Educación
Xestión
Na rede

O CPI Monte Caxado situado nas Pontes de García Rodríguez, naceu no ano 1984 como centro de EXB. No ano 1999 convértese en CPI co que pasa a ter a Educación Secundaria Obrigatoria. Actualmente a súa oferta educativa vai dos 3 aos 16 anos, toda a etapa do segundo ciclo de Infantil e a etapa obrigatoria de Primaria e Secundaria.

Museo etnográfico

[editar | editar a fonte]

O 11 de maio de 1987 inaugurouse oficialmente o Museo etnográfico Monte Caxado, que conta con máis de 4 000 pezas de varias épocas e procedencias.[1] Este museo ten por obxectivo dar a coñecer os útiles, apeiros e ferramentas dos oficios, labranza, e da casa empregados antigamente, fomentando a valoración da riqueza artesanal e cultural galega.

  1. Meizoso, María (26 de xuño de 2015). "El museo del colegio Monte Caxado aglutina ya más de 4.000 piezas". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]