CPI Tino Grandío
CPI Tino Grandío | |
---|---|
Vista oeste | |
Enderezo | |
Guntín de Pallares (Guntín) | |
Datas | |
Creación | 1981 |
Educación | |
Ensinanzas | Educación infantil, Educación primaria e Educación Secundaria Obrigatoria |
Xestión | |
Tipo | público |
Titularidade | Xunta de Galicia |
Na rede | |
Web | |
O Centro público integrado Tino Grandío é un colexio situado na localidade de Guntín de Pallares, concello de Guntín.
Organización e características
[editar | editar a fonte]O centro imparte ensinanzas de educación infantil, educación primaria e ESO. Conta cun total de 135 alumnos/as e 30 docentes (curso 2017/2018).
O actual edificio de educación primaria foi inaugurado no ano 1981 como colexio público de EXB. No curso 1998-1999 inaugurouse o edificio anexo no que se localizaron as ensinanzas de ESO. Ambos os dous edificios están unidos por un corredor no que se sitúan as aulas de educación infantil. A dotación de infraestruturas complétase cun polideportivo e un ximnasio na parte posterior dos edificios.
No ano 2001 o CP de Guntín pasou a denominarse CPI Tino Grandío na honra do pintor Tino Grandío, natural de Lousada, no concello de Guntín. Atópase a uns 200 metros da estrada N-640.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Edificio de educación secundaria do CPI Tino Grandío
-
Ximnasio do CPI Tino Grandío
-
Pavillón deportivo do CPI Tino Grandío
-
Corredor principal do CPI Tino Grandío
-
Edificio de educación primaria do CPI Tino Grandío
-
Salón de usos múltiples do CPI Tino Grandío
-
Biblioteca do CPI Tino Grandío
-
Biblioteca do CPI Tino Grandío
-
Fachada do edificio de secundaria do CPI Tino Grandío.
-
Mural realizado por Diego As para a fachada do CPI Tino Grandío.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: CPI Tino Grandío |