CP Tordera
CP Tordera | |
---|---|
Cidade | Tordera |
Fundado | 1943 |
Na rede | |
https://www.cptordera.cat/ |
O Club Patí Tordera é un club de hóckey a patíns catalán da localidade de Tordera, na comarca de Maresme (Barcelona). O club foi fundado en 1946 e adícase tamén á patinaxe artística.
Historia
[editar | editar a fonte]Isidre Escriche de Luca, que xogara no GEiEG de Xirona, foi o impulsor do hóckey a patíns en Tordera, ao adestrar a un grupo de xoves da cidade que patinaban dende había un anos e que se interesaran polo deporte.
O primeiro partido oficial do club disputouse no ano 1951, pouco desprois de que se inaugurase a pista que agora se chama Pista de l'Amistat.
Na década de 1970 creouse a sección de patinaxe artística do club.
Un dos éxitos máis importantes do club foi o título de campión da Copa CERS acadado na tempada 1985-86. Na década seguinte chegou dúas veces máis á final desta competición, obtendo o subcampionato fronte ao OC Barcelos e ao FC Porto respectivamente. Chegaron en dúas ocasións ás semifinais da Copa de Europa.
Na tempada 1992-93 o CP Tordera participou no Copa das Nacións de Montreux (Suíza), acadando a terceira posición enfrontándose ás seleccións de Portugal, Italia e Arxentina.
Logo de 23 anos seguidos na División de Honra, na tempada 2001-02 o equipo perdeu a categoría, polo que actualmente milita na Primeira División.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |