Saltar ao contido

Cabalo (xadrez)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Figura 1: Posición inicial dos cabalos.


Figura 2: Movemento do cabalo.

O cabalo (♘♞) é unha peza do xogo do xadrez. En inglés, denomínaselle knight (cabaleiro), e en francés cavalier (idem).

Ao comezo da partida cada bando dispón de dous, que se sitúan entre as torres e os bispos, nas casas B1 e G1 (cabalos brancos), e B8 e G8 (cabalos negros) do taboleiro (véxase Figura 1).

O movemento do cabalo é máis ben encerellado, xa que é a única peza que pode saltar por encima das demais, describindo unha traxectoria en forma de L. É dicir, desprázase dúas casas en dirección horizontal ou vertical e unha en dirección perpendicular á anterior (véxase Figura 2).

O cabalo está ben adaptado para atacar á vez varias pezas inimigas, e é a única peza que pode ameazar á raíña quedando fóra da súa liña de ataque. Con todo, pola mesma razón, os peóns están ben adaptados para limitar o avance dun cabalo.

Considérase que o cabalo ten un valor similar ao do bispo. O bispo pode desprazarse dun extremo ao outro do taboleiro nunha quenda se non hai pezas que o bloqueen, o que a un cabalo levaríalle ata tres quendas. Con todo, o cabalo ten unha maior mobilidade que o bispo cando hai moitas pezas no taboleiro, e ademais pode alcanzar calquera casa sen restricións de cor.


Figura 3: Movemento dun cabalo descentralizado.

O seu limitado rango de acción fai que sexa moi recomendable telo no centro ampliado do taboleiro (as casas que están no cadrado de esquinas c3-c6-f6-f3), pois só nesas casas terá ata oito casas distintas ás que desprazarse. Nos lados, e sobre todo nas esquinas, o seu poder vese drasticamente reducido, polo que normalmente é unha mala xogada mover o cabalo lonxe do centro do taboleiro (véxase Figura 3).

  • O Cabalo pode ser descrito como o clown, o mal raparigo ou a arma secreta do xadrez.
  • O Cabalo caracterízase por actuar dun modo completamente diferente ás demais pezas. Por exemplo, pode realizar o que non é factible ás demais, é dicir, saltar sobre elas, ben sexan pezas do bando propio ou do contrario.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]