Cabanas, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Cabanas | |
---|---|
Igrexa de San Miguel de Cabanas. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°59′02″N 8°42′39″O / 42.9839, -8.7108 |
Área | 5,17 km² |
Poboación | 180 hab. (2016) |
Densidade | 34,82 hab./km² |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Miguel de Cabanas[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2015 tiña 185 habitantes (104 mulleres e 81 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.
Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai un asentamento castrexo no lugar do Fondón, ao sur da parroquia de Cabanas. O seu estado de conservación é moi malo por mor da actividade agrícola sobre a súa superficie e pola construción dunha granxa. Tan só é visible un parapeto de forma semicircular na parte leste do xacemento.
Tamén hai constancia dun túmulo megalítico, a mámoa do Campo de Pozo, aínda que o seu volume foi moi rebaixado como consecuencia da plantación de eucaliptos.[2]
Igrexa parroquial
[editar | editar a fonte]A parroquia de San Miguel aparece como parroquia matriz co anexo de O Barro dende finais do século XIX. Orixinalmente a igrexa albergaba mostras de arte maior con imaxes da Nosa Señora, San Bartolomeu, San Roque, San Miguel, San Pedro e San Paulo, mais as obras de construción dun novo templo realizadas no ano 1943 provocaron a desaparición destas imaxes e doutros elementos que non encaixaban nas dimensións do novo templo. A igrexa actual foi inaugurada no 1950, engadíndolle a torre algún tempo despois. Paralelamente construíuse a casa reitoral e o centro sociocultural da parroquia.
Arquitectura popular
[editar | editar a fonte]Muíños[3]
[editar | editar a fonte]Están todos no arroio de Cabanas, moían dous meses no ano por falta de auga.
Existen tres muíños de canle:
- o de Paco, que é de Mateo de Pazo e consortes.
- o de Lage, de Juán de Insua e consortes.
- o dos Barreiros, de Antonio Turnes e consortes.
e un muíño de cubo:
- o do Cubo, de Felipe Díaz e consortes.
Festas
[editar | editar a fonte]- Sábado entre o 16 e o 22 de xullo: Santa Isabel.
- Domingo entre o 16 e o 22 de xullo: O Carme.
- Última fin de semana de setembro: San Miguel.
- 2ª fin de semana de outubro: O Rosario.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cabanas
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cabanas no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.