Cabido de La Gomera
Aparencia
O Cabido de La Gomera (en castelán: Cabildo de La Gomera) é o órgano de goberno da illa de La Gomera, nas Canarias. Como todos os cabidos, foi formado a partir da Lei de Cabidos de 1912, e é a forma gobernativa e administrativa propia das Illas Canarias, que cumpre dúas funcións principalmente: por unha parte, presta servizos e exerce competencias propias da Comunidade Autónoma e por outra, é a entidade local que goberna a illa.
O seu presidente dende 1991 é Casimiro Curbelo Curbelo, da ASG.
Áreas de goberno
[editar | editar a fonte]- Ordenación e Planificación do Territorio Insular, Turismo, Emprego e Desenvolvemento Económico, Enerxía, Industria, Artesanía, Comercio e Innovación
- Sector Primario e Desenvolvemento Rural, Protección do Medio e Caza, Emerxencias e Protección Civil.
- Presidencia, Economía, Facenda, Obras Públicas, Cooperación municipal e Bo Goberno.
- Educación, Cultura, Deportes, Mocidade e Patrimonio Histórico, Política Social e Igualdade.
- Infraestruturas, Transportes e Comunicacións.