Cabinet Entertainment
Cabinet Entertainment, anteriormente coñecida como Paradox Entertainment, é unha empresa que xestiona propiedades intelectuais e que produce os seus propios filmes. Todos os negocios son conducidos a partir da oficina principal nos Ánxeles, Estados Unidos. A empresa ten os dereitos de autor de varios RPG de mesa, incluíndo Bran Mak Morn, Kull of Atlantis, Solomon Kane, Mutant, Mutant Chronicles, Warzone, Kult e Chronopia, alén de Conan o bárbaro.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A empresa comezou facendo xogos baseados no remanescente da compañía Target Games,[3] que se converteu nunha fabricante de softwares de xogos de estratexia a partir de 1995.[4][5][6] Nun principio, comezou a facer un software baseado no xogo de taboleiro Svea Rike. Co éxito do xogo, a compañía continuou a investir en software de entretemento, e en 1999 a empresa dividiuse en dúas entidades: Paradox Interactive, que se centraba na produción de xogos de computador, e Paradox Entertainment, que tiña o seu foco en producir taboleiros para xogos de rol.[7][8]
En 2004, a empresa trasladou os seus negocios para Os Ánxeles. Neste momento, a operación de Estocolmo cambiou a sede de Paradox Interactive.[9]
O 21 de agosto de 2011, o día en que foi lanzado o filme Conan the Barbarian de 2011, a SLMI (Stan Lee Medía Inc) procesou (sen éxito)[10] Paradox Entertainment, Conan Sales Co., Arthur Lieberman e outros sobre os dereitos de Conan mentres afirman que Conan estaba indebidamente trasladado para a Conan Sales Co. e vendido para o Paradox.[11]
A nova empresa do Fredrik Malmberg, Cabinet Entertainment, (a través da Cabinet Holdings) adquiriu a Paradox Entertainment Inc. e todas as subsidiarias e as súas propiedades, incluíndo as propiedades de Robert E. Howard: Conan, Kull e Solomon Kane, así como as propiedades orixinais da Target/Paradox como Mutant Chronicles/Warzone, Kult, Chronopia e Mutant. O prezo de compra de todas as accións no PEINC foi de US$ 7 millóns.[12][13][14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Paul Herman's research on the copyright status of Robert Howard's works". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2009. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ Copyright Term and the Public Domain in the United States at Cornell University
- ↑ Europa Universalis IV Announced - Official Company Press release (consultado o 26 de xuño de 2012)
- ↑ Europa Universalis IV Announced- Official Company Press release at Gamasutra (consultado o 26 de xuño de 2012)
- ↑ "Europa Universalis IV: The Original Grand Strategy Game". GameSpot. 16 de agosto de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2014. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ The 25 Best PC Games Arquivado 29 de xullo de 2017 en Wayback Machine. (consultado o 16 de agosto de 2012)
- ↑ Paradox Interactive & Paradox France Arquivado 28 de decembro de 2013 en Wayback Machine. (consultado o 26 de xuño de 2012)
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2017. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ "9th Circ. Nixes Appeal Over 'Conan The Barbarian' Rights". Law360. 22 de outubro de 2013.
- ↑ Eriq, Eriq (22 de agosto de 2011). "'Conan the Barbarian' Lawsuit Seeks Character Rights". The Hollywood Reporter.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2021. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2015. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ http://movieweb.com/legend-conan-barbarian-movie-cinematic-universe/