Cabo Matxitxako
Tipo | cabo ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Bermeo, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Golfo de Biscaia ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 60 m ![]() | |||
O cabo Matxitxako (ou Machichaco en castelán) é un cabo do mar Cantábrico situado na provincia de Biscaia, País Vasco (España). O cabo é o final da ladeira do monte Sollube e forma parte do termo municipal de Bermeo, xunto a Gaztelugatxe.
Faro
[editar | editar a fonte]No seu punto máis saínte sitúase un faro a 122 metros sobre o nivel do mar cunha torre de 20 metros e un alcance de 30 millas náuticas. O faro é automático, e dispón de sirena de néboa.
Entre as súas instalacións dispón dun radar (a 90 metros sobre o nivel do mar) e de diferentes equipos meteorolóxicos e oceanográficos.[1]
Foi construído en 1909, substituíndo ao faro vello, que se construíu en 1852. Entre os anos 1854 e 1863 foi a escola de gardafaros, entón chamados torreros. Nel xubilouse o último farero de Biscaia.
Contorna
[editar | editar a fonte]O cabo Matxitxako está situado entre a Reserva da Biosfera de Urdaibai e o Biotopo protexido de San Juan de Gaztelugatxe, o oriental pertence ao primeiro e o occidental ao segundo.
Desde o faro, e nas súas ladeiras e cantís, pódense ver ocasionalmente grandes cetáceos.
Submarinismo
[editar | editar a fonte]Máis aló da costa, a profundidade crece repentinamente, pero a escasos metros da punta do cabo existe un pequeno bajío duns 30 m. de profundidade, excelente para practicar o submarinismo.
En 2002 descubriuse un pecio afundido a 120 m de profundidade fronte ao cabo, trátase dun mercante afundido por causa descoñecida nos anos 50. O descubrimento levouno a cabo a expedición submarina Ur-sub, que descenderon os 120 m, sendo así a inmersión de mergullo máis profunda levada a cabo no País Vasco. Aínda quedan por descubrir varios, os pecios afundidos como o do Nabarra ou o dunha patrulleira alemá afundida durante a segunda guerra mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Portos do Estado. Radar de Cabo Matxitxako". Arquivado dende o orixinal o 10 de xaneiro de 2008. Consultado o 19 de maio de 2011.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo Matxitxako |