Cabo Norte, Noruega
(nn) Nordkapp | ||||
Tipo | cabo | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Magerøya | |||
Localización | ||||
División administrativa | Nordkapp, Noruega (pt) | |||
| ||||
Bañado por | Mar de Noruega | |||
Características | ||||
Altitude | 307 m | |||
Actividade | ||||
Propietario | Finnmark Estate (en) | |||
Sitio web | nordkapp.kommune.no | |||
O cabo Norte (en noruegués Nordkapplatået) é un promontorio localizado na illa de Magerøya, no norte de Noruega, na comunidade de Nordkapp, no condado (fylke) de Finnmark.[1]
Caracterítsticas xeográficas
[editar | editar a fonte]O seu acantilado, de 307 m de altura, está considerado con frecuencia como o punto máis setentrional de Europa.
Porén, o veciño cabo Knivskjellodden áchase uns 1 500 m máis ao norte.[2]
Ademais, ambos os puntos encóntranse na illa de Magerøya, o que significa que o punto máis setentrional da Europa continental é, en realidade, o cabo Nordkinn, na Nordkinnhalvøya (península de Nordkinn).[2][3]
Segundo a Organización Hidrográfica Internacional, o cabo Norte é o límite entre o mar de Noruega, ao oeste, e o mar Branco, ao leste, sendo por tanto tamén un dos límites usados para separar o océano Atlántico do océano Ártico.
Historia
[editar | editar a fonte]A denominación cabo Norte foi cuñada polo explorador británico Richard Chancellor en 1553, cando superou o cabo na busca do Paso do Nordeste. Desde entón, recibiu frecuentes visitas de exploradores que subiron á meseta da illa de Magerøya escalando o acantilado. Algúns visitantes famosos foron o rei Óscar II de Suecia en 1873 e o rei Chulalongkorn de Tailandia en 1907.
En 1943, durante a segunda guerra mundial, a batalla de Cabo Norte desenvolveuse fronte a este cabo no océano Ártico.[4]
Turismo
[editar | editar a fonte]Hoxe en día o cabo Norte é unha importante atracción turística que inclúe un amplo centro turístico que alberga un gran número de exposicións sobre a historia do lugar.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Sol de medianoite no cabo Norte.
-
Vista desde o cabo Norte (inverno 2006-07).
-
Sol de medianoite e nubes no cabo Norte.
-
O cabo Knivskjellodden visto desde o cabo Norte.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Stadnamn og rettskriving (Nomes e ortografía das cidades) Arquivado 01 de xullo de 2018 en Wayback Machine. (en noruegués).
- ↑ 2,0 2,1 Store norske leksikon. "Knivskjelodden" (en Norwegian). Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ "Slettnes fyr" (en Norwegian). Gamvik kommune. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 16 de agosto de 2019.
- ↑ Busch, Fritz-Otto (1956). The Sinking of the Scharnhorst. Londres: Robert Hale, ltd. ISBN 0-86007-130-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cabo Norte, Noruega |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nordic summer. Visit the North Cape Información turística. (en inglés), (en alemán), (en noruegués).
- The North Cape: The northernmost point of Europe (en inglés).
- Sitio web Skarsvåg e cabo Norte (en inglés).
- Imaxes de Skarsvåg e cabo Norte Arquivado 07 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
- Xeositio de Jan S. Krogh: en Knivskjellodden e o cabo Norte