Cabodano (banda)
Cabodano | |
---|---|
Orixe | Sigüeiro, Galicia |
Período | 2012- |
Xénero(s) | metalcore, groove metal |
Membros | Moisés Isi Juncal Buitre Mora |
Antigos membros | Peri |
Na rede | |
Cabodano é unha banda galega de metalcore e groove metal, procedente de Sigüeiro, no concello coruñés de Oroso.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A banda naceu en 2012, co nome inicial de The Guepards, renomeándose posteriormente como Cabodano.[2] Estaba formada inicialmente por Moisés (baixo), Peri (batería) e Juncal (guitarra), aos que se uniron máis tarde Buitre (voz) e Mora (guitarra).[2] En 2015 comezaron a dar concertos por Galicia e en 2015 publicaron o seu primeiro sinxelo: "Odio".[2]
En 2018 saíu á luz o seu primeiro álbum, co título O Espertar. Producido pola propia banda e coas letras en galego, constou de nove temas encadrados no metalcore, aínda que se poden atopar tamén nel toques de thrash metal, groove metal ou death metal melódico.[2] En 2024 publicaron o seu segundo disco, titulado É Mellor Matarse, con 15 novos temas.[3]
Discografía
[editar | editar a fonte]- O Espertar (2018).
- É Mellor Matarse (2024).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O metal máis "duro" tamén se canta en galego". Nós Diario. 31 de decembro de 2023. Consultado o 16 de novembro de 2024.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Cabodano:”La pasión es el principal motor que nos mueve”" (en castelán). 15 de decembro de 2018. Consultado o 16 de novembro de 2024.
- ↑ "CABODANO: Su nuevo álbum “É Mellor Matarse” es un testimonio de la fuerza y la pasión de esta banda gallega" (en castelán). 15 de maio de 2024. Consultado o 16 de novembro de 2024.