Saltar ao contido

Cacatúidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Cacatuoidea»)
Cacatuidae

Eolophus roseicapilla en Australia.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Clase: Aves
Orde: Psittaciformes
Superfamilia: Cacatuoidea
Familia: Cacatuidae
G. R. Gray 1840
Área de distribución actual das cacatúas en vermello. Achados de fósiles recentes en azul.
Área de distribución actual das cacatúas en vermello.
Achados de fósiles recentes en azul.

Área de distribución actual das cacatúas en vermello.
Achados de fósiles recentes en azul.
Xéneros

Probosciger
Callocephalon
Nymphicus
Calyptorhynchus
Eolophus
Lophochroa
Cacatua

Sinonimia

Os cacatúidos (Cacatuidae) son unha familia de aves que comprende as 21 especies de cacatúas[2], a cal é a única familia da superfamilia Cacatuoidea. Xunto cos Psittacoidea (os verdadeiros papagaios) e os Strigopoidea (os grandes papagaios de Nova Zelandia), constitúen a orde Psittaciformes. A familia ten unha distribución principalmente australasiática, que vai desde as Filipinas e a parte leste de Indonesia da rexión de Wallacea a Nova Guinea, as illas Salomón e Australia.

As cacatúas son recoñecibles polas súas aparatosas cristas de plumas e os seus peteiros curvados. A súa plumaxe xeralmente é menos colorida que a doutros papagaios, xa que é principalmente branca, gris ou negra e a miúdo con plumas coloreadas na crista, cara e cola. Como media son máis grandes que outros papagaios; porén, o Nymphicus hollandicus, que é a especie de menor tamaño, é unha ave pequena. A posición filoxenética do N. hollandicus aínda non está resolta, pero é unha das primeiras pólas que se esgallaron da árbore da liñaxe dos cacatúas. As restantes especies forman dous grandes clados. As cinco grandes cacatúas de cor negra do xénero Calyptorhynchus forman unha das pólas. A segunda e máis grande das pólas está formada polo xénero Cacatua, que comprende 11 especies de cacatúas de plumaxe branca e catro xéneros monotípicos que se separaron temperanmente.

As cacatúas prefiren comer sementes, tubérculos, cormos, froitos, flores e insectos. Aliméntanse a miúdo en grandes bandadas, especialmente cando se alimentan no chan. As cacatúas son monogamas e aniñan en ocos das árbores. Algunhas especies de cacatúas foron moi prexudicadas pola perda do seu hábitat, especialmente pola escaseza de ocos nas árbores axeitados para a aniñación unha vez que son cortadas as árbores maduras; porén, algunhas especies adaptáronse ben aos cambios humanos e son consideradas pragas para a agricultura.

As cacatúas son aves populares como mascotas, pero son esixentes en canto ás súas necesidades. O Nymphicus hollandicus é a especie de cacatúa máis doada de manter e, con diferenza, é a que se ten con máis frecuencia en catividade. As cacatúas brancas téñenese en catividade menos frecuentemente que as negras. O comercio ilegal de cacatúas silvestres capturadas contribúe ao declive dalgunhas especies de cacatúas na natureza.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

A palabra cacatúa pode proceder do nome indonesio para este animal, que era "kakak tua" (que segundo unha hipótese significa 'irmán máis vello') ou tamén pode derivar do son da chamada que emite o animal.[3][4][5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]
Aves

Outras aves

Psittaciformes

Strigopoidea

Psittacoidea

Cacatuoidea

Cacatuidae

Nymphicus hollandicus

Probosciger aterrimus

Callocephalon fimbriatum

Eolophus roseicapilla

Lophochroa leadbeateri

Filoxenia da familia Cacatuidae[6][7][8][9][10]

As cacatúas foron definidas como subfamilia Cacatuinae por primeira vez dentro da familia Psittacidae polo naturalista inglés George Robert Gray en 1840, e Cacatua foi o seu primeiro xénero e xénero tipo.[11] Este grupo foi considerado alternativamente como familia ou como subfamilia por diferentes autroridades. O ornitólogo americano James Lee Peters na súa Check-list of Birds of the World de 1937, xunto con Sibley e Monroe en 1990 mantivérona como subfamilia, mentres que o experto en papagaios Joseph Forshaw a clasificou como unha familia en 1973.[12] Os estudos moleculares posteriores indicaron que os primeiros que se separaron dos papagaios antepasados orixinais foron os papagaios de Nova Zelandia da superfamilia Strigopoidea, e despois separáronse as cacatúas, que forman un grupo ben definido ou clado, que se esgallou dos restantes papagaios, que despois radiaron a través do hemisferio sur e diversificáronse dando moitas especies de papagaios da superfamilia Psittacoidea.[6][7][8][9][13][14][15][16][17]

As relacións entre varios xéneros de cacatúas están en gran medida sen resolver,[6][7][9][10][18][19] e a situación de Nymphicus hollandicus na base das cacatúas segue sendo insegura. O N. hollandicus é situado alternativamente como basal a todas as especies de cacatúas,[6][18] como un taxon irmán das especies de cacatúas negras do xénero Calyptorhynchus[9][10][19] ou como un taxon irmán dun clado que consta dos xéneros de cacatúas brancas e rosas e do Probosciger aterrimus.[7] O resto das especies están dentro de dous clados principais, un que constan das especies negras do xénero Calyptorhynchus mentres que o outro contén as especies restantes.[6][7][9][18][19] Segundo a maioría das autoridades, o segundo clado inclúe os Probosciger negros, os Eolophus grises e avermellados, os Callocephalon e os rosados Lophochroa,[6][7][9][18] aínda que Probosciger é ás veces situado como basal a todas as outras especies.[10] As restantes especies son principalmente brancas ou lixeiramente rosadas e todas pertencen ao xénero Cacatua.[6][7][8][9][18] O xénero Eolophus, Lophochroa e Cacatua son hipomelánicas. O xénero Cacatua é subdividido nos subxéneros Licmetis e Cacatua.[6][10][18][19][20][21][22] As cinco especies de cacatúas do xénero Calyptorhynchus son cacatúas negras,[20] e divídense en dous subxéneros: Calyptorhynchus e Zanda. O anterior grupo ten dicromatismo sexual, coas femias teñen predominantemente plumaxe barrado.[23] Ambos tamén se distinguen polas diferenzas nas chamadas de petición de alimento das crías.[24]

O rexistro fósil das cacatúas está aínda máis limitado que o dos papagaios en xeral, e só se coñece un verdadeiro fósil de cacatúa antigo: unha especie de Cacatua, máis probablemente subxénero Licmetis, encontrado en depósitos de Riversleigh, Australia do Mioceno temperán (de hai de 16 a 23 millóns de anos).[25] Aínda que fragmentarios, os restos son similares aos de Cacatua pastinator e Eolophus.[26] En Melanesia, atopáronse en Nova Caledonia e a illa de Nova Irlanda os ósos dun subfósil de especie de Cacatua, que aparentemente non sobreviviu aos primeiros asentamentos humanos.[27][28] A relevancia destes fósiles na evolución e filoxenia das cacatúas é bastante limitada, aínda que o fósil de Riversleigh permite datar provisionalmente a diverxencia das subfamilias.

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]
O Probosciger aterrimus ten un forte peteiro e meixelas vermellas. Mide de 55 a 60 cm de longo e pesa de 910 a 1200 g, e é a cacatúa máis grande.[29]
O Calyptorhynchus latirostris no Taronga Zoo, Sydney, Australia
Lophochroa leadbeateri voando no Taronga Zoo, Australia

Hai unhas 44 aves diferentes dentro da familia das cacatúa incluíndo as subespecies. A actual subdivisión desta familia é a seguinte:[Nota 1]

Subfamilia Nymphicinae

Subfamilia Calyptorhynchinae: cacatúas negras

Subfamilia Cacatuinae

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
Unha Cacatua galerita en catividade despregando a súa crista.

As cacatúas son xeralmene papagaios medianos a grandes e corpulentos, que miden de 30 a 60 cm de lonxitude e de 300 a 1200 g de peso; porén, unha especie, o Nymphicus hollandicus, é considerablemente menor e máis delgada que as demais, xa que mide só 32 cm de longo (incluíndo as súas longas plumas da cola) e pesa de 80 a 100 g de peso.[29][31][32][33] A crista móbil da cabeza, que está presente en todas as cacatúas, é espectacular en moitas especies;[34] elévana cando as aves toman terra despois de voar ou cando están excitadas.[35] As cacatúas comparten moitas características con outros papagaios, incluíndo o peteiro curvado e a cigodactilia dos pés, nos que as dúas dedas medias están orientadas cara a adiante e as dúas dedas externas cara a atrás.[36] Diferéncianse na presenza dunha crista eréctil e a falta de textura Dyck na composición das plumas, o que causa as cores azuis e verdes brillantes dos verdadeiros papagaios.[33]

Igual que outros papagaios, as cacatúas teñen patas curtas, garras fortes, uns andares de pato[33] e a miúdo usan o seu forte peteiro como unha terceira pata cando trepan polas ramas. Teñen xeralmente largas e longas ás que usan para un voo rápido, chegando a velocidades de ata 70 km/h no caso dos Eolophus.[37] As especies do xénero Calyptorhynchus e as máis grandes cacatúas brancas, como Cacatua galerita e Lophochroa leadbeateri, teñen ás máis curtas e arredondadas e un voo máis pausado.[37]

Unha parella de Callocephalon fimbriatum en Australia (o macho ten plumas vermellas na cabeza). As cacatúas crean lazos de parella de longa duración.

As cacatúas teñen un peteiro grande, que manteñen afiado raspándo unha mandíbula contra a outra cando descansan. O peteiro é complementado por unha gran lingua muscular que lles axuda a manipular sementes dentro do peteiro para quitarlles a casca antes de tragalas.[31] Durante este proceso, a mandíbula inferior aplica presión, a lingua mantén as sementes no seu lugar e a mandíbula superior actúa como unha bigornia. A rexión do ollo no cranio está reforzada para soportar os músculos que moven as mandíbulas lateralmente.[33] Os peteiros dos machos son xeralmente lixeiramente máis grandes que os das femias, pero esta diferenzaa en tamaño está bastante marcada no caso do Probosciger aterrimus.[38]

A plumaxe das cacatúas é de cores menos rechamantes que a dos papagaios, e xeralmente é predominantemente negra, gris ou branca. Moitas especies teñen áreas pequenas doutra cor na plumaxe, xeralmente amarelas, rosas e vermellas, normalmene na crista e na cola.[39] A Eolophus roseicapilla e a Lophochroa leadbeateri teñen cores máis rechamantes en tons rosas.[40] Varias especies teñen unha área espida moi colorida arredor do ollo e face chamada anel perioftálmico; a gran mancha vermella de pel espida da Probosciger aterrimus é a máis extensa e cobre parte da cara, mentres que está máis restrinxida noutras especies de cacatúas brancas, especialmente nas Cacatua do subxénero Licmetis e na Cacatua ophthalmica.[40] A plumaxe de machos e femias é similar na maioría das especies. A plumaxe da femia de Nymphicus hollandicus é de cores máis apagadas que a do macho, pero o dimorfismo sexual máis acusado dáse no Callocephalon fimbriatum e nas dúas especies de cacatúas negras do subxénero Calyptorhynchus, concretamente a Calyptorhynchus banksii e a Calyptorhynchus lathami.[38] A cor do iris difire en poucas especies; é rosa ou vermella na femia do Eolophus roseicapilla, do Lophochroa leadbeateri e de cor marrón avermellada en femias dalgunhas especies de cacatúas brancas. Todos os machos teñen iris marróns escuros.[38]

Pé esquerdo da Cacatua alba agarrándose a unha barra e mostrando as garras, con pel escamosa e cigodactilia (as dúas dedas medias orientadas cara a adiante e as dúas externas cara a atrás).

As cacatúas manteñen en bo estado a plumaxe acicalándose frecuentemente ao longo de todo o día. Quitan a sucidade e aceitan e realiñan as barbas das plumas ao darlles mordedelas co peteiro. Tamén acicalan as plumas doutros individuos en partes do corpo difíciles de alcanzar. As cacatúas producen un aceite para o acicalamento nunha glándula uropixial e aplícano limpando a plumaxe contra as súas cabezas ou contra plumas xa aceitadas. Producen pulviplumas ("plumas de po") en plumas especializadas na rexión lumbar e o po que xeran distribúeno durante o acicalamento por toda a plumaxe.[41]

A muda das plumas é moi lenta e complexa. As cacatúas negras parece que substitúen as súas plumas de voo (rémixes e rectrices) unha por unha, e a súa muda tarda dous anos en completarse. Este proceso é moito máis curto noutras especies, como nas Eolophus roseicapilla e nas Cacatua tenuirostris, que tardan uns seis meses en substituír todas as plumas de voo.[41]

Vocalizacións

[editar | editar a fonte]

As vocalizacións ou sons emitidos polas cacatúas son altas e ásperas.[31] Teñen diversas funcións, como o recoñecemento entre os individuos, alertar aos demais da presenza de depredadores, indicar o estado de ánimo indivudual, manter a cohesión da bandada e como advertencia cando defenden os niños. O uso das chamadas, algunhas específicas, varía coa especie. A Calyptorhynchus latirostris emite 15 chamadas diferentes, mentres que outras, como a Lophochroa leadbeateri, emiten poucas. Algunhas, como a Callocephalon fimbriatum, son comparativamente máis silenciosas pero emiten chamadas como gruñidos máis suaves cando se alimentan. Ademais das vocalizacións, as Probosciger aterrimus comunícanse a grandes distancias ao golpear unha póla seca cun pau.[42] As especies de cacatúas fan tamén un asubío característico cando se senten ameazadas.[35]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]
A Cacatua goffiniana está restrinxida ás illas Tanimbar en Indonesia; uns poucos exemplares escaparon e formaron unha pequena poboación silvestre en Singapur.

As cacatúas teñen unha área de distribución moito máis restrinxida que os papagaios verdadeiros, que comprende de forma natural só Australasia, Indonesia e as Filipinas.[31] Das 21 especies hai 11 que viven só en Australia, sete especies nas illas Filipinas, Indonesia, Papúa Nova Guinea e as illas Salomón. Curiosamente, ningunha especie de cacatúa vive en Borneo malia a súa presenza nas illas próximas de Palawan e Sulawesi) ou en moitas illas do Pacífico,[43] e atopáronse restos fósiles delas en Nova Caledonia.[27] En Nova Guinea e Australia viven tres especies.[44]

Algunhas especies teñen distribucións moi amplas; por exemplo, o Eolophus roseicapilla, vive na maior parte de Australia, mentres que outras especies teñen distribucións moi reducidas, estando confinadas a pequenas zonas continentais, como a Calyptorhynchus baudinii de Australia Occidental ou son endémicas dun pequeno arquipélago, como a Cacatua goffiniana, das illas Tanimbar de Indonesia. Algunhas cacatúas foron introducidas accidentalmente en áreas que están fóra do seu territorio natural, como Nova Zelandia, Singapur e illas Palau,[45] mentres que dúas especies australianas foron introducidas en partes dese continente onde non eran nativas.

As cacatúas ocupan unha ampla variedade de hábitats desde bosques de rexións subalpinas a mangleirais. Porén, ningunha especie se encontra en todos os tipos de hábitats.[46] As especies máis estendidas,[31] como Eolophus roseicapilla e Nymphicus hollandicus,[47] son epecialistas de terreos abertos que se alimentan de herbas e sementes.[31] Son xeralmente voadores rápidos moi móbiles e nómades. As bandadas móvense a través de grandes áreas do interior de Australia, localizando e alimentándose de sementes e outras fontes de alimentación. A seca pode forzar as bandadas de áreas máis áridas a moverse máis preto das zonas agrícolas.[47] Outras especies de cacatúas, como a Calyptorhynchus lathami, habitan en bosques, selvas, zonas arbustivas e mesmo en bosques alpinos. A Cacatua haematuropygia habita en mangleirais e a súa ausencia do norte de Luzón pode relacionarse coa falta alí de mangleirais.[48] As cacatúas que viven en bosques son xeralmente sedentarias, xa que as fontes de comida son máis estables e predicibles.[49] Varias especies adaptáronse ben aos hábitats modificados polos humanos e encóntranse en zonas agrícolas e mesmo en grandes cidades.[50]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

As cacatúas son diúrnas e precisan da luz do día para buscar o seu alimento.[31] Non son aves madrugadoras, xa que esperan a que o sol quente os sitios onde pousan antes de empezar a buscar alimento. Todas as especies son xeralmente moi sociais e pousan, buscan alimento e viaxan en bandadas coloridas e ruidosas. Estas varían en tamaño dependendo da dispoñibilidade de alimento; en tempos de abundancia, as bandadas son pequenas, de cen ou menos individuos, mentres que en tempos de seca ou outras condicións adversas, poden aumentar ata constar de mil ou ás veces decenas de miles de individuos; un informe de Kimberley rexistrou unha bandada de 32.000 individuos de Cacatua sanguinea. As especies que habitan en campo aberto forman bandadas maiores que as de áreas forestais.[51]

Algunhas especies requiren sitios para pousarse que estean situados preto de lugares onde poidan beber; outras especies viaxan grandes distancias entre os seus sitios de repouso e os de alimentación.[52] As cacatúas teñen varios métodos característicos de bañarse; poden pendurarse cabeza abaixo ou voar baixo a chuvia ou axitarse e bater as ás entre as follas húmidas das copas das árbores.[35] As cacatúas teñen unha preferencia ou maior habilidade ao usar a pata esquerda ou a dereita, similar ao que nos humanos é ser destro ou zurdo. A maioría das especies son zurdas, xa que entre o 87 e o 100% dos individuos usan o seu pé esquerdo para comer, pero unhas poucas especies son predominantemente destras.[53]

Dieta e alimentación

[editar | editar a fonte]
Cacatua tenuirostris que se fixeron silvestres en Perth. A ave da dereita está usando o seu longo bico para escavar para procurar comida entre a herba curta.

As cacatúas son versátiles á hora de alimentarse e consomen diversos alimentos principalmente vexetais. As sementes forman unha gran parte da dieta de todas as especies; abren as sementes cos seus grandes e poderosos peteiros. As Eolophus roseicapilla, as Cacatúa do subxénero Lictmetis e algunhas das cacatúas negras aliméntanse principalmente no chan; outras aliméntanse maiormente nas árbores.[31] As especies que se alimentan no chan tenden a buscar comida en bandadas, as cales forman grupos compactos e pelexadores onde as sementes están concentradas, e son máis dispersos onde a comida está distribuída máis escasamente;[54] tamén pefiren áreas abertas onde a visibilidade é boa. A Cacatua pastinator e a Cacatua tenuirostris teñen bicos alongados para escavar na procura de tubérculos e raíces e a Lophochroa leadbeateri camiña en círculo arredor da planta Emex australis para desenterrar e extraer as partes subterráneas.[55]

Moitas especies buscan o seu alimento nas copas das árbores, aproveitando a serotinia (o almacenamento de grandes cantidades de sementes en conos ou cápsulas que fan as plantas dos xéneros Eucalyptus, Banksia e Hakea), unha característica natural da paisaxe australiana en rexións secas. Estes corpos frutíferos leñosos son inaccesibles a moitas especies e son colleitados sobre todo por papagaios, cacatúas e roedores nas rexións máis tropicais. Os conos máis grandes poden abrilos as cacatúas cos seus grandes peteiros pero son demasiado fortes para que as abran outros animais.[56] Moitas noces e froitos encóntrase nos extremos de pequenas ramas que non poden soportar o peso das cacatúas, as cales solucionan este problema dobrando a rama cara a elas e termándoa cun pé.[57]

Aínda que algunhas cacatúas son xeralistas e comen unha ampla variedade de alimentos, outras son especialistas. A Calyptorhynchus lathami especialízase nos conos das árbores do xénero Allocasuarina, preferindo unha especie concreta, a A. verticillata. Agarran os conos cos pés e desfanos co seu poderoso bico para sacar as sementes coa lingua.[58] Algunhas especies capturan moitos insectos, especialmente cando están en época reprodutora; de feito a maioría da dieta da Calyptorhynchus funereus consta de insectos. Usan o gran peteiro para extraer larvas da madeira podre. A cantidade de tempo que teñen que empregar en buscar alimento varía coa estación.[57] Durante os tempos de abundancia poden dedicarlle á alimentación só unhas poucas horas ao día, pola mañá ou ao serán, despois pasan o resto do día pousados ou arranxando as plumas, pero durante o inverno poden pasar a maioría do día alimentándose. As aves teñen maiores necesidades nutricionais durante a estación reprodutora, polo que tamén pasan máis tempo alimentándose nesa época. As cacatúas teñen grandes boches no tubo dixestivo, o que lles permite almacenar e dixerir o alimento un certo tempo despois de ir descansar a unha árbore.[59] Durante os tempos difíciles, poden ser máis versátiles na súa dieta, e viaxan moito para atopar comida, alimentándose de vexetación verde e nalgunhas especies usando os seus grandes bicos para desenterrar cormos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Poliños de Cacatúa alba criados á man para a súa venda como mascotas.

As cacatúas son monógamas, xa que os lazos de parella poden durar moitos anos. Moitas destas aves emparéllanse nas bandadas antes de chegaren á maduresz sexual e atrasan o apareamento polo menos durante un ano. As femias aparéanse por primeira vez entre os tres e os sete anos de idade e os machos a miúdo a máis idade. A madurez sexual atrásese para que as aves poidan desenvolver as habilidades para criar fillos, o cal supón un tempo prolongado comparado co empregado por outras aves; as crías dalgunhas especies permanecen cos seus parentes ata un ano.[60] As cacatúas poden tamén ter fidelidade polo sitio, volvendo aos mesmos sitios de nidación en anos sucesivos.[42] O cortexo é en xeral simple, especialmente para as parellas estables, e só as cacatúas negras realizan un cortexo de alimentación. Nas parellas estables o macho e a femia acicálanse un a outro, mais todas as formas de cortexo cesan unha vez que comezan a facer a incubación, posiblemente debido á forza do lazo de parella.[61]

Como a maioría dos papagaios, as cacatúas aniñan en cavidades nas árbores,[62] que non poden escavar elas mesmas.[63] Estes ocos das árbores formáronse pola putrefacción ou destrución da madeira causada por roturas de ramas, fungos ou insectos como térmites ou mesmo aves como os petos, alí onde as súas áreas de distribución se solapan.[64] En moitos lugares estes ocos son escasos e unha causa de competición, tanto con outros membros da especies coma con outras especies de cacatúas ou outros tipos de animais.[65] En xeral, as cacatúas elixen ocos só un pouco maiores que os seus corpos, polo que especies de diferentes tamaños aniñan en ocos dos tamaños correspondentes a cada unha delas. Se teñen a oportunidade, as cacatúas prefiren aniñar a uns 7 ou 8 metros de altura desde o chan [64] e preto da auga e o alimento.[66]

Os ocos para a nidación está forrados con pauciños, cachiños de madeira e ramas con follas. Os ovos de cacatúa son ovais e inicialmente brancos, xa que a súa localización fai que a camuflaxe sexa necesaria.[67] Porén, vanse decolorando conforme avanza a incubación. O seu tamaño vai de 55 x 37 mm nas Probosciger aterrimus e Calyptorhynchus banksii, a 26 x 19 mm na Nymphicus hollandicus.[67] O tamaño da posta varía dentro da familia; a Probosciger aterrimus e algunhas outras cacatúas grandes poñen un só ovo e as especies menores poñen entre 2 e 8 ovos. A dispoñibilidade de comida xoga un papel no tamaño que vai ter a posta.[68] Algunhas especies poden facer unha segunda posta se a primeira fracasa.[69] Arredor do 20% dos ovos que poñen son infértiles.[70] A incubación das cacatúas e as responsabilidades na crianza pode asumilas a femia soa no caso das cacatúas negras ou ben seren compartidas por ambos os sexos como ocorre nas outras especies. No caso das cacatúas negras, a femia é aprovisionada polo macho varias veces ao día. As crías de todas as especies nacen cubertas de penuxe amarelado, agás a Probosciger aterrimus, cuxas crías nacen espidas.[71] O tempo de incubación das cacatúas depende do tamaño das especies, e as Nymphicus hollandicus menores teñen un período de arredor de 20 días e a gran Calyptorhynchus latirostris incuba durante 29 días.[31]

O período de nidación tamén varía segundo a especie. As especies grandes teñen períodos máis longos. Tamén está afectado por factores estacionais e ambientais e pola competición cos irmáns en especies con tamaños de postas maiores dun ovo. Moito do que sabemos sobre o período de nidación dalgunhas especies depende de estudos feitos en aviarios; as Nymphicus hollandicus de aviario poden emplumar en 5 semanas e as grandes Probosciger aterrimus fano en 11 semanas.[31] Durante este período, as crías cóbrense coa plumaxe xuvenil mentes aínda están no oco da árbore onde naceron. As plumas das ás e colas son de crecemento lento inicialmente pero crecen máis rápido cando aparecen as plumas primarias. As crías axiña alcanzan o 80 ou 90% do peso adulto ao chegaren aos 2/3 do tempo total deste período, estabilizándose antes de que abandonen o oco; con este peso empluman e as plumas das ás e cola aínda crecen un pouco antes de chegaren ás dimensións de adulto.[72] A taxa de crecemento dos individuos novos, e dos emplumados, está influída negativamente por unha alimentación escasa e unhas malas condicións climatolóxicas.[73]

Intelixencia

[editar | editar a fonte]

Un equipo de científicos das universidades de Oxford, e Viena e o instituto Max Planck realizou probas a tres exemplares de Cacatua goffini non adestradas e atopou que podían resolver complexos crebacabezas mecánicos.[74]

Predadores e ameazas

[editar | editar a fonte]

O falcón peregrino e a aguia Hieraaetus morphnoides son depredadores dos Eolophus roseicapilla, e as aguias Aquila audax cazan cacatúas da especie Cacatua galerita.[75] Os ovos e crías de cacatúa son vulnerables a moitos perigos. Varias especies de varanos son quen de trepar ás árbores e entrar nos ocos das árbores. Outros predadores que comen cacatúas son a avelaiona da especie Strix seloputo en illa Rasa en Filipinas; a pitón Morelia amethistina, a ave Cracticus quoyi e roedores como Uromys caudimaculatus[76] en Cabo York; e o marsupial falanxérido Trichosurus vulpecula na illa Kangaroo. Ademais, as cacatúas Eolophus roseicapilla e Cacatua sanguinea compiten polo espazo para aniñar coa cacatúa Calyptorhynchus lathami na illa Kangaroo e ás veces matan as crías desta última especie. As tormentas fortes poden tamén asolagar os ocos de nidación afogando as crías, e as térmites ou a actividade de larvas perforadoras de trades poden facer que se colapsen internamente os niños.[77]

Igual que outros papagaios, as cacatúas poden padecer a enfermidade psittacina de plumas e peteiros. Esta infección viral causa unha perda de plumas e malformacións dos peteiros e reduce a inmunidade da ave. É especialmente frecuente na Cacatua galerita, Cacatua sanguinea e Eolophus roseicapilla, aínda que se dá en polo menos 14 especies de cacatúas. Malia que é probable que teña un impacto significativo en poboacións grandes e saudables na natureza, esta enfermidade pode poñer en perigo a pequenas poboacións estresadas.[78]

Detectouse nunha Cacatua alba e nunha Cacatua galerita unha infección polo protozoo Haemoproteus e noutras C. galerita atopouse o parasito Plasmodium da malaria en análises de mostras fecais feitas no xardín ornitolóxico de Almuñécar, Granada, España.[79] Igual que os papagaios do Amazonas e as araras, as cacatúas desenvolven con frecuencia papilomas cloacais. A relación causal coa malignidade do tumor descoñécese, aínda que se illou un papilloma virus dun papagaio Psittacus erithacus que tiña esa condición.[80]

Relacións cos humanos

[editar | editar a fonte]
Unha Cacatua galerita visitando un balcón en Sydney con sementes para aves.

As actividades humanas tiveron efectos positivos sobre algunhas especies de cacatúas e negativos sobre outras. Moitas especies que viven en campo aberto beneficiáronse moito dos cambios antropoxénicos na paisaxe, cun grande incremento de fontes seguras de sementes para alimentarse, a dispoñibilidade de auga e terse adaptado ben a unha dieta que inclúe alimentos de procedencia exótica. Este efecto beneficioso parece estar restrinxido ás especies australianas, xa que as cacatúas que viven en campo aberto fóra de Australia non se fixeron máis abundantes. As especies que viven nos bosques son as que máis sofren pola destrución de hábitats; parecen ter dietas máis especializadas e non foron quen de incorporar á súa dieta alimentos exóticos. Unha notable excepción é a Calyptorhynchus funereus do leste de Australia.[81]

Varias especies de cacatúas poden ser unha grave praga agrícola.[82] Ás veces son controladas cazándoas a tiros, con veleno ou capturándoas e despois gaseándoas. Os métodos non letais de mitigación dos danos usados inclúen asustalas, manipular o hábitat e proveelas de verteduras de alimento de reclamo ou sacrificar algunha colleita para distraelas da colleita principal. Poden ser tamén unha molestia en zonas urbanas debido á destrución de propiedades. Na natureza manteñen os seus peteiros en bo estado mordendo a madeira pero nos arrabaldes das cidades adoitan morder os mobles situados no exterior, as portas e os marcos das fiestras;[50] as madeiras brandas decorativas como as de Thuja plicata son facilmente destruídas por elas.[83] Poden tamén morder cableados externos e elementos fixados no exterior como quentadores solares de auga,[50] antenas de televisión e antenas de satélite.[83][84][84] Fóra de Australia, a Cacatua goffiniana é unha praga na illa Yamdena, onde fai incursións nos campos de millo.[85]

Cacatua galerita estragando a fachada dun centro comercial feita de polistireno.

En 1995 o goberno do estado australiano de Victoria publicou un informe sobre os problemas causados polas Cacatua tenuirostris, Cacatua galerita e Eolophus roseicapilla, tres especies que, xunto coas Cacatua sanguinea, teñen poboacións grandes e crecentes, que se beneficiaron dos cambios antropoxénicos na paisaxe. Despois destes descubrimentos e da publicación do informe, estas tres especies foron declaradas "sen protección" baixo certas condicións e permítese eliminalas alí onde causen graves danos a árbores, viñedos, hortas, reservas recreativas e colleitas agrícolas.[86] Os danos que figuran no informe inclúen non son só os danos a cultivos de cereais, froitas e hortas e outras colleitas de horta senón tamén ás casas e equipos de comunicación.[87] A Cacatua sanguinea está considerada como praga en Australia Occidental, onde é unha especie introducida. Estas aves danan cultivos de sorgo, millo, xirasol, garavanzos e outros. Tamén defolian árbores ornamentais en parques e xardíns, escavan para procurar raíces comestibles e cormos en campos deportivos e pistas de carreiras, e morden cables eléctricos e equipamentos das casas.[88] En Australia do Sur, onde as bandadas poden estar formadas por varios miles de aves e a especie está legalmente considerada "sen protección", son acusadas de defoliar Eucalyptus camaldulensis e outras árbores nativas e ornamentais que usan como lugar para pousarse, danan as lonas dos almacéns de gran, os cables e sistemas de iluminación dos edificios, comen o gran de campos acabados de sementar e xeran un molesto ruído.[89]

Tamén se informou de que varias especies raras e subespecies causan problemas. A Calyptorhynchus latirostris, un endemismo ameazado de Australia Occidental, foi considerada unha praga en plantacións de piñeiros, onde as aves morden os brotes dos piñeiros que empezan a crecer, o que ten como resultado que se formen troncos dobrados e cun reducido valor da madeira.[90] Tamén causan danos a cultivos de froitos e noces,[91] e aprenderon a aproveitarse dos cultivos de canola.[92] A Calyptorhynchus baudinii, tamén endémica de Australia Occidental, pode ser unha praga en hortos de pereiras e maceiras, nos que destrúen a froita ao extraeren as sementes.[90] A Cacatua pastinator pastinator foi tmén declarada praga para a agricultura en Australia Occidental, a pesar de ser especie "vulnerable" a escala nacional e estar listada na lexislación do estado como "rara ou probablemente en camiño de extinguirse".[93]

Status e conservación

[editar | editar a fonte]
A Cacatua haematuropygia é unha especie en perigo crítico endémica de Filipinas.[94]
A Cacatua ophthalmica é unha especie vulnerable endémica de Nova Bretaña.[95]

Segundo a IUCN e BirdLife International, sete especies de cacatíuas considéranse "vulnerables" ou cun status peor e unha considérase "case ameazada".[96][97] Destas, dúas especies (a Cacatua haematuropygia e a Cacatua sulphurea), considéranse que están en perigo crítico.[98]

As principais ameazas para as cacatúas son a perda de hábitats e o comercio de especies silvestres. Todas as cacatúas dependen das árbores para aniñar e son vulnerables á súa perda; ademais, moitas especies teñen un hábitat con necesidades especilizadas ou viven en pequenas illas e teñen áreas de distribución naturalmente pequenas, o que as fai vulnerables á perda deses hábitats.[99] As cacatúas son mascotas populares e a súa captura e comercio ameazou algunhas especies; entre 1983 e 1990, rexistrouse a exportación de 66.654 exemplares de Cacatua moluccensis desde Indonesia, unha cifra que non inclúe as aves capturadas para o comercio dentro dese país ou as que foron exportadas ilegalmente.[100] A captura de moitas especies foi posteriormente prohibida, pero o comercio continúa de xeito ilegal. As aves métense en caixas ou tubos de bambú e son transportadas en barcos desde Indonesia e Filipinas.[101] As especies raras ou comúns non só son sacadas de contrabando de Indonesia, senón tamén de Australia; as aves son sedadas, cubertas con medias de nailon e empaquetadas en tubos de PVC, que se colocan despois en equipaxes non acompañados en voos internacionais.[101] A mortalidade dos animais é significativa (30%), e os ovos, que se agochan máis facilmente no corpo dos contrabandistas durante os voos, cada vez se contrabandean máis. Este tráfico crese que está organizado por bandas, que tamén traen especies doutras partes do mundo a Australia, como as araras.[102]

Todas as especies de cacatúas excepto o Nymphicus hollandicus) están protexidas pola Convención sobre o Tráfico Internacional de Especies en Perigo da Fauna e Flora Silvestres (CITES), que restrinxe a exportación de papagaios capturados na natureza só con propósitos con licenza especial. Cinco especies de cacatúa (incluíndo todas as subespecies), como son: Cacatua goffiniana, Cacatua haematuropygia, Cacatua moluccensis, Cacatua sulphurea e Probosciger aterrimus, están protexidas na lista CITES Apéndice I. Coa excepción da Nymphicus hollandicus, todas as especies restantes de cacatúas están protexidas na lista CITES Apéndice II.[103]

Unha cacatúa mascota de ás recortadas. A Cacatua moluccensis ou cacatúa das Molucas,[104] é a especie de cacatúas brancas de maior tamaño, de 52 cm de longo e un peso de 775–935 g.[105] As cacatúas poden ser mascotas ruidosas e esixentes.

As cacatúas téñense como mascotas polo seu aspecto, intelixencia e simpática personalidade,[31] pero poden ser mascotas problemáticas ou papagaios de compañía.[106] Xeralmente, non son moi habilidosas imitando a linguaxe humana,[107] aínda que a Cacatua sanguinea é unha gran faladora.[108] Como animais sociais que son, as cactúas silvestres poden aprender a linguaxe humana de aves que escaparon da catividade e se integraron nas súas bandadas.[109] Para o seu coidado é bo ter experiencia con papagaios mascotas.[106] As necesiddes sociais das cacatúas son difíciles de satisfacer en catividade,[106] e poden sufrir se as teñen soas en gaiolas durante longos períodos de tempo.[110]

A Nymphicus hollandicus é con diferenza a especie de cacatúa que se ten con máis frecuencia en catividade.[111] As cacatúas brancas son mascotas máis frecuentes que as negras.[112] As cacatúas negras rara vez se ven en zoos de Europa debido ás restricións de exportación sobre os animais silvestres australianos, pero ás veces cédense en préstmo aves incautadas polos gobernos.[113]

As cacatúas a miúdo son agarimosas cos seus donos e ás veces con outras persoas pero poden demandar moita atención. Ademais, a súa intensa curiosidade fai que conveña darlles un conxunto de obxectos aos cales poidan golpear, morder, desfacer ou esnaquizar. Os papagaios en catividade poden aburrirse, o que pode dar lugar a patróns de comportamento estereotipados, como arrincarse plumas. Isto último ten probablemente causas máis psicolóxicas que físicas.[114] Outros inconvenientes de importancia son as súas dolorosas trabadas,[115] e os seus agudos chíos.[116] A Cacatua moluccensis[117] e a Cacatua alba son especialmente desagradables.[118] Todas as cacatúas teñen un fino po aplicado sobre as súas plums, que pode inducir alerxias en certas persoas.[115] En xeral, as especies máis pequenas de cacatúas como a Cacatua goffiniana e as máis silenciosas Eolophus roseicapilla son moito máis fáciles de ter como mascotas.[119] A Nymphicus hollandicus é unha das cacatúas máis populares e fáciles de ter como mascota,[120][121] e existen na súa avicultura moitas mutacións de coloración.[32]

Un Nymphicus hollandicus mascota. Esta especie mide uns 32 cm de longo e é con diferenza a cacatúa máis pequena e menos pesada.

As cacatúas máis grandes poden vivir de 30 a 70 anos dependendo da especie, ou ocasionalmente máis, e as Nymphicus hollandicus adoitan vivir uns 20 anos. A súa lonxevidade considérase un trazo positivo, xa que reduce os casos de morte da mascota que se dan con outros animais.[31] A cacatúa máis vella ben documentada que se tivo en catividade foi unha Lophochroa leadbeateri á que se lle dera o nome de Cookie, que vivía no Zoo de Brookfield de Chicago, que chegou aos 83 anos (1933-2016).[122][123][124] Unha Cacatua moluccensis que vivía no Zoo de San Diego morreu con case 69 anos e unha Probosciger aterrimus chegou aos 56 anos no Zoo de Londres.[125] Hai informes anecdóticos de aves de aínda máis idade.[125] 'Cocky Bennett' foi unha Cacatua galerita de Tom Ugly's Point en Sydney que se di que chegou aos 100 anos ou máis, e que perdera as plumas e vivira espida gran parte da súa vida.[42][75][126][127]

Por veces poden verse en zoos cacatúas adestradas. Motívaas menos a comida que a outras aves; algunhas poden responder máis a agarimos ou eloxios que á comida. Ás cacatúas se lles pode ensinar a usar un arnés para papagaios, o que posibilita que os seus donos as leven ao exterior. As cacatúas foron utilizadas en terapia axudada por un animal, xeralmente en residencias de anciáns.[128]

As cacatúas adoitan ter fortes respostas aos sons musicais e hai numerosos vídeos que mostran as aves danzando cancións populares. Unha investigación realizada en 2008 coa Cacatua galerita eleonora chamada Snowball indicou que este determinado exemplar podía sincronizar os movementos do seu corpo coa música.[129]

Notas
  1. As parénteses que rodean o nome dunha autoridade indican que orixinalmente estaba noutro xénero.
Referencias
  1. Suprimido pola Comisión Internacional de Nomenclatura Zoolóxica na Opinión 1949 (2000). ICZN (2000). "Opinion 1949. Cacatua Vieillot, 1817 and Cacatuinae Gray, 1840 (Aves, Psittaciformes): conserved.". Bulletin of Zoological Nomenclature: 66–67. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Cacatúa.
  3. J. Simpson; E. Weiner, eds. (1989). "cockatoo". Oxford English Dictionary (2nd ed.). Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-861186-2. 
  4. Mynott, Jeremy (2009). Birdscapes: Birds in Our Imagination and Experience. Princeton, New Jersey: Princeton University Press. p. 319. ISBN 0-691-13539-8. 
  5. Higgins, Peter Jeffrey (ed.) (1999). Handbook of Australian, New Zealand and Antarctic Birds. Volume 4: Parrots to Dollarbird. Melbourne: Oxford University Press. p. 127. ISBN 0-19-553071-3. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Nicole E. White; Matthew J. Phillips; M. Thomas P. Gilbert; Alonzo Alfaro-Núñez; Eske Willerslev; Peter R. Mawson; Peter B.S. Spencer; Michael Bunce (2011). "The evolutionary history of cockatoos (Aves: Psittaciformes: Cacatuidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 59 (3): 615–622. PMID 21419232. doi:10.1016/j.ympev.2011.03.011. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 Wright TF, Schirtzinger EE, Matsumoto T, et al. (2008). "A Multilocus Molecular Phylogeny of the Parrots (Psittaciformes): Support for a Gondwanan Origin during the Cretaceous". Molecular Biology and Evolution 25 (10): 2141–56. PMC 2727385. PMID 18653733. doi:10.1093/molbev/msn160. 
  8. 8,0 8,1 8,2 de Kloet, RS; de Kloet SR (2005). "The evolution of the spindlin gene in birds: Sequence analysis of an intron of the spindlin W and Z gene reveals four major divisions of the Psittaciformes". Molecular Phylogenetics and Evolution 36 (3): 706–21. PMID 16099384. doi:10.1016/j.ympev.2005.03.013. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 9,5 9,6 Tokita M, Kiyoshi T, Armstrong KN (2007). "Evolution of craniofacial novelty in parrots through developmental modularity and heterochrony". Evolution & Development 9 (6): 590–601. PMID 17976055. doi:10.1111/j.1525-142X.2007.00199.x. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Brown DM, Toft CA (1999). "Molecular systematics and biogeography of the cockatoos (Psittaciformes: Cacatuidae)". Auk 116 (1): 141–57. doi:10.2307/4089461. 
  11. Gray, George Robert (1840). A List of the Genera of Birds, with an indication of the typical species of each genus. London: R. & J.E. Taylor. p. 53. Consultado o 2 November 2009. 
  12. Christidis & Boles 2008, p. 148
  13. Astuti, Dwi; Azuma, Noriko; Suzuki, Hitoshi; Higashi, Seigo (2006). "Phylogenetic Relationships Within Parrots (Psittacidae) Inferred from Mitochondrial Cytochrome-bGene Sequences". Zoological Science 23 (2): 191–8. PMID 16603811. doi:10.2108/zsj.23.191. 
  14. Christidis L; Schodde R; Shaw DD; Maynes SF (1991). "Relationships among the Australo-Papuan parrots, lorikeets, and cockatoos (Aves, Psittaciformes) – protein evidence" (PDF). Condor 93 (2): 302–17. JSTOR 1368946. doi:10.2307/1368946. 
  15. Schweizer M, Seehausen O, Güntert M, Hertwig ST (2010). "The evolutionary diversification of parrots supports a taxon pulse model with multiple trans-oceanic dispersal events and local radiations". Molecular Phylogenetics and Evolution 54 (3): 984–994. PMID 19699808. doi:10.1016/j.ympev.2009.08.021. 
  16. Manuel Schweizer; Ole Seehausen; Stefan T. Hertwig (2011). "Macroevolutionary patterns in the diversification of parrots: effects of climate change, geological events and key innovations". Journal of Biogeography 38 (11): 2176–2194. doi:10.1111/j.1365-2699.2011.02555.x. 
  17. Leo Joseph; Alicia Toon; Erin E. Schirtzinger; Timothy F. Wright (2011). "Molecular systematics of two enigmatic genera Psittacella and Pezoporus illuminate the ecological radiation of Australo-Papuan parrots (Aves: Psittaciformes)". Molecular Phylogenetics and Evolution 59 (3): 675–684. PMID 21453777. doi:10.1016/j.ympev.2011.03.017. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 18,5 Astuti, D (2004). "A phylogeny of cockatoos (Aves: Psittaciformes) inferred from DNA sequences of the seventh intron of nuclear β-fibrinogen gene" (PDF). Graduate School of Environmental Earth Science, Hokkaido University, Japan. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 Adams M, Baverstock PR, Saunders DA, Schodde R, Smith GT, M; Baverstock, PR; Saunders, DA; Schodde, R; Smith, GT (1984). "Biochemical systematics of the Australian cockatoos (Psittaciformes: Cacatuinae)". Australian Journal of Zoology 32 (3): 363–77. doi:10.1071/ZO9840363. 
  20. 20,0 20,1 Christidis & Boles 2008, p. 151
  21. Forshaw & Cooper 1978, p. 124
  22. Cayley & Lendon 1973, p. 84
  23. Christidis & Boles 2008, p. 150
  24. Courtney, J (1996). "The juvenile food-begging calls, food-swallowing vocalisation and begging postures in Australian Cockatoos". Australian Bird Watcher 16: 236–49. ISSN 0045-0316. 
  25. Boles, Walter E (1993). "A new cockatoo (Psittaciformes: Cacatuidae) from the Tertiary of Riversleigh, northwestern Queensland, and an evaluation of rostral characters in the systematics of parrots". Ibis 135 (1): 8–18. doi:10.1111/j.1474-919X.1993.tb02804.x. 
  26. Waterhouse, DM (2006). "Parrots in a nutshell: The fossil record of Psittaciformes (Aves)". Historical Biology 18 (2): 223–34. doi:10.1080/08912960600641224. 
  27. 27,0 27,1 Steadman, D (2006). Extinction and Biogeography of Tropical Pacific Birds. Chicago: University of Chicago Press. p. 348. ISBN 978-0-226-77142-7. 
  28. Steadman, D; White P; Allen J (1999). "Prehistoric birds from New Ireland, Papua New Guinea: Extinctions on a large Melanesian island". Proceedings of the National Academy of Sciences 96 (5): 2563–68. PMC 26825. PMID 10051683. doi:10.1073/pnas.96.5.2563. 
  29. 29,0 29,1 Forshaw 2006, p. plate 1
  30. Roselaar CS, Michels JP (2004). "Systematic notes on Asian birds. 48. Nomenclatural chaos untangled, resulting in the naming of the formally undescribed Cacatua species from the Tanimbar Islands, Indonesia (Psittaciformes: Cacatuidae)". Zoologische Verhandelingen 350: 183–96. Consultado o 5 December 2009. 
  31. 31,00 31,01 31,02 31,03 31,04 31,05 31,06 31,07 31,08 31,09 31,10 31,11 Rowley, Ian (1997). "Family Cacatuidae (Cockatoos)". En del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi. Handbook of the Birds of the World. Volume 4, Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 246–69. ISBN 84-87334-22-9. 
  32. 32,0 32,1 Forshaw 2006, p. plate 6
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 Cameron 2007, p. 1.
  34. Cameron 2007, p. 57.
  35. 35,0 35,1 35,2 Forshaw & Cooper 1978, p. 110
  36. Cameron 2007, p. 69.
  37. 37,0 37,1 Cameron 2007, p. 67.
  38. 38,0 38,1 38,2 Cameron 2007, p. 61.
  39. Cameron 2007, p. 58.
  40. 40,0 40,1 Cameron 2007, p. 59.
  41. 41,0 41,1 Cameron 2007, p. 68.
  42. 42,0 42,1 42,2 Murphy S, Legge S, Heinsohn R (2003). "The breeding biology of palm cockatoos (Probosciger aterrimus): a case of a slow life history". Journal of Zoology 261 (4): 327–39. doi:10.1017/S0952836903004175. 
  43. Cameron 2007, p. 86.
  44. Cameron 2007, p. 3.
  45. "Sulphur-crested Cockatoo, Cacatua galerita". Parks & Wildlife Service Tasmania. 31 October 2011. 
  46. Cameron 2007, p. 71.
  47. 47,0 47,1 Cameron 2007, pp. 103–4.
  48. Cameron 2007, p. 77.
  49. Cameron 2007, p. 104.
  50. 50,0 50,1 50,2 Temby, Ian (1999). "Urban wildlife issues in Australia" (PDF). En Shaw Williams; Lisa Harris; Larry Vandruff. Proceedings of the 4th International Symposium on Urban Wildlife Conservation. Tucson, Arizona: University of Arizona. Consultado o 11 December 2009. 
  51. Cameron 2007, p. 126.
  52. Lindenmayer, DB; Pope MP; Cunningham RB; Donnelly CF; Nix HA (1996). "Roosting of the Sulphur-Crested Cockatoo Cacatua galerita". Emu 96 (3): 209–12. doi:10.1071/MU9960209. 
  53. Escholarship.org
  54. Cameron 2007, pp. 118–9.
  55. Cameron 2007, p. 113.
  56. Cameron 2007, pp. 116–7.
  57. 57,0 57,1 Cameron 2007, p. 114.
  58. Crowley, GM; Garnett S (2001). "Food value and tree selection by Glossy Black-Cockatoos Calyptorhynchus lathami". Austral Ecology 26 (1): 116–26. doi:10.1046/j.1442-9993.2001.01093.x. 
  59. Cameron 2007, pp. 122–23.
  60. Cameron 2007, pp. 143–44.
  61. Saunders, DA (1974). "The function of displays in the breeding of the White-tailed Black Cockatoo". Emu 74 (1): 43–46. doi:10.1071/MU974043. 
  62. Cameron, M (2006). "Nesting habitat of the glossy black-cockatoo in central New South Wales". Biological Conservation 127 (4): 402–10. doi:10.1016/j.biocon.2005.08.019. 
  63. Cameron 2007, p. 129
  64. 64,0 64,1 Cameron 2007, p. 130
  65. Heinsohn, R; Murphy S; Legge S (2003). "Overlap and competition for nest holes among eclectus parrots, palm cockatoos and sulphur-crested cockatoos". Australian Journal of Zoology 51 (1): 81–94. doi:10.1071/ZO02003. 
  66. Cameron 2007, p. 131.
  67. 67,0 67,1 Cameron 2007, p. 137.
  68. Cameron 2007, p. 138
  69. Cameron 2007, p. 139
  70. Cameron 2007, p. 147.
  71. Cameron 2007, pp. 139–40.
  72. Cameron 2007, p. 141.
  73. Cameron 2007, p. 143.
  74. Sciencedaily.com
  75. 75,0 75,1 Forshaw & Cooper 1978, p. 29
  76. Wood GA (1987). "Further field observations of the Palm Cockatoo Probsciger aterrimus in the Cape York Peninsula, Queensland" (PDF). Corella 12 (2): 48–52. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de setembro de 2016. Consultado o 17 December 2009. 
  77. Cameron 2007, p. 149.
  78. Borthwick, David (May 2005). "Threat Abatement Plan for Psittacine Beak and Feather Disease Affecting Endangered Psittacine Species". Department of the Environment and Heritage website. Department of the Environment and Heritage, Commonwealth of Australia. Arquivado dende o orixinal o 2011-07-06. Consultado o 7 December 2009. 
  79. Pérez Cordón, G.; Hitos Prados, A.; Romero, D.; Sánchez Moreno, M.; Pontes, A.; Osuna, A.; Rosales, M.J. (2009-11). "Intestinal and haematic parasitism in the birds of the Almuñecar (Granada, Spain) ornithological garden". Veterinary Parasitology (en inglés) 165 (3-4): 361–366. doi:10.1016/j.vetpar.2009.07.027. 
  80. Stedman NL, Latimer KS, Rakich PM (1998). "Cloacal papillomas in psittacine birds: A retrospective histopathologic review". Proceedings of International Virtual Conferences in Veterinary Medicine: Diseases of Psittacine Birds. International Virtual Conferences in Veterinary Medicine (Athens, GA: College of Veterinary Medicine, University of Georgia). Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2011. Consultado o 1 March 2011. 
  81. Cameron 2007, p. 153.
  82. B, Mary; Sinclair R (2002). "Australian research on bird pests: impact, management and future directions". Emu 102 (1): 29–45. doi:10.1071/MU01028. 
  83. 83,0 83,1 Cameron 2007, p. 155.
  84. 84,0 84,1 Cameron 2007, p. 156.
  85. Cameron 2007, p. 160.
  86. Temby, I (2003). "Victorian cockatoos. Victorian Department of Primary Industries Information Note". Department of Primary Industries website. The State of Victoria. Arquivado dende o orixinal o 17 September 2007. Consultado o 10 December 2009. 
  87. Environment and Natural Resources Committee (Parliament of Victoria) (1995). Problems in Victoria caused by Long-billed Corellas, Sulphur-crested Cockatoos and Galahs. Victorian Government Printer. 
  88. "Fauna Note No.20: Little Corella" (PDF). Western Australian Department of Environment and Conservation. 24 July 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de setembro de 2008. Consultado o 10 December 2009. 
  89. "Little Corella (Cacatua sanguinea): Resource document" (PDF). South Australian Department for Environment and Heritage. March 2007. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de marzo de 2009. Consultado o 10 December 2009. 
  90. 90,0 90,1 Saunders, D (2005). "Conserving Carnaby's Black-Cockatoo: historical background on changing status" (PDF). Conserving Carnaby's black-cockatoo – future directions: proceedings from a conservation symposium, Perth, Western Australia, 2 July 2003. Perth, Western Australia: Birds Australia WA Inc. pp. 9–18. ISBN 0-9751429-0-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2009. Consultado o 11 December 2009. 
  91. "Calyptorhynchus latirostris". Species Profile and Threats Database. Department of the Environment, Water, Heritage and the Arts, Canberra. 2009. Consultado o 10 December 2009. 
  92. Cameron 2007, p. 22
  93. "Muir's corella: conserving a threatened species" (PDF). Department of Environment and Conservation, Western Australia. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de marzo de 2016. Consultado o 6 February 2016. 
  94. "Philippine Cockatoo – BirdLife Species Factsheet". BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2011. Consultado o 20 October 2009. 
  95. "Blue-eyed Cockatoo – BirdLife Species Factsheet". BirdLife International. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 8 November 2009. 
  96. "Data Zone: Search Species: Cockatoo". BirdLife International. 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 September 2011. 
  97. "Data Zone: Search Species: Corella". BirdLife International. 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 8 September 2011. 
  98. Cameron 2007, p. 178
  99. Maron, M (2005). "Agricultural change and paddock tree loss: Implications for an endangered subspecies of Red-tailed Black-Cockatoo". Ecological Management & Restoration 6 (3): 206–11. doi:10.1111/j.1442-8903.2005.00238.x. 
  100. Kinnaird, M; O'Brien TG; Lambert FR; Purmias D (2003). "Density and distribution of the endemic Seram cockatoo Cacatua moluccensis in relation to land use patterns". Biological Conservation 109 (2): 227–35. doi:10.1016/S0006-3207(02)00150-7. 
  101. 101,0 101,1 Cameron 2007, p. 164.
  102. Cameron 2007, p. 166.
  103. CITES (27 April 2011). Appendices I, II and III. Accessed 8 September 2011
  104. Moluccan Cockatoo (Cacatua moluccensis) | Parrot Encyclopedia
  105. Forshaw 2006, p. plate 4
  106. 106,0 106,1 106,2 Low 1999, p. 16
  107. Alderton, David (2003). The Ultimate Encyclopedia of Caged and Aviary Birds. London, England: Hermes House. p. 205. ISBN 1-84309-164-X. 
  108. Cayley & Lendon 1973, p. 97
  109. "Birds of a feather talk together" Retrieved 15 September 2011
  110. Low 1999, p. 23
  111. Wool-N-Wings (2006). Bird Ownership Statistics in USA. Retrieved 10 September 2011.
  112. Athan 1999, p. 84
  113. King, C. E.; Heinhuis, H.; Brouwer, K. (January 2000). "Management and husbandry of black cockatoos Calyptorhynchus spp in captivity". International Zoo Yearbook 37 (1): 87–116. doi:10.1111/j.1748-1090.2000.tb00710.x. 
  114. Garner, MM; Clubb SL; Mitchell MA; Brown L (2008). "Feather-picking psittacines: histopathology and species trends". Veterinary Pathology 45 (3): 401–08. PMID 18487502. doi:10.1354/vp.45-3-401. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2016. Consultado o 7 December 2009. 
  115. 115,0 115,1 Athan 1999, p. 86.
  116. Athan 1999, p. 87.
  117. Athan 1999, p. 91
  118. Athan 1999, p. 92.
  119. Cayley & Lendon 1973, p. 107
  120. Cayley & Lendon 1973, p. 112
  121. Athan 1999, p. 93
  122. https://www.facebook.com/BrookfieldZoo/photos/pb.52678154169.-2207520000.1452558483./10153497306309170
  123. "'Cookie,' cockatoo believed to be the world's oldest, dead at 83". FoxNews.com. 30 August 2016. Consultado o 28 September 2016. 
  124. A. Vila (1 September 2016). "Farewell Cookie: Oldest Pink Cockatoo Dies at 83". Nature World News. Consultado o 28 September 2016. 
  125. 125,0 125,1 Brouwer, K; Jones M; King C; Schifter H (2000). "Longevity records for Psittaciformes in captivity". International Zoo Yearbook 37: 299–316. doi:10.1111/j.1748-1090.2000.tb00735.x. 
  126. Cayley & Lendon 1973, p. xxvi
  127. Codilla, Marian Z. (21 February 2010). "90-year-old cockatoo eyes Guinness record". Philippine Daily Inquirer. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2010. Consultado o 27 February 2010. 
  128. Swift, W. Bradford (1997). "The healing touch – animal-assisted therapy". Animals 16 (4): 130–32. 
  129. Patel AD, Iversen JR, Bregman MR, Schulz I, Schulz C (August 2008). Investigating the human-specificity of synchronization to music (PDF). Proceedings of the 10th Intl. Conf. on Music Perception and Cognition (Adelaide: Causal Productions). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 14 November 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]