Saltar ao contido

Cacería salvaxe (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cacería salvaxe
Ficha técnica
Título orixinalRunning Wild
DirectorTimothy Bond
ProdutorHarry Alan Towers
GuiónTim Kirk
Hunter Phoenix
Harry Alan Towers
IntérpretesGregory Harrison
Lori Hallier
Cody Jones
MúsicaLawrence Shragge
FotografíaBuster Reynolds
MontaxeBill Goddard
Estrea 1998
Galicia 10 de decembro de 2008 (TVG)
Duración98 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Na rede
IMDB: tt0167378 Filmaffinity: 108777 Rottentomatoes: m/1098394-running_wild Allmovie: v162874 TCM: 479730 Netlix: 70027682Editar o valor em Wikidata

Cacería salvaxe (en inglés: Running Wild) é un filme estadounidense de 1998 dirixido por Timothy Bond.

Estreouse en galego o 10 de decembro de 2008 na TVG.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Matt Robinson (Gregory Harrison), antigo piloto das Forzas Aéreas, traballa agora para as Nacións Unidas nun programa para a protección e conservación da natureza. Viaxa a África cos seus dous fillos, Angela (Brooke Nevin) e Nicholas (Cody Jones), para seguir dende o aire o movemento dos elefantes que están sendo masacrados por unha banda de cazadores furtivos que trafican co marfil dos seus cairos. Ao chegar a Cimbabue atópanse no camiño unha cría de elefante ferida por un disparo.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Gregory Harrison como Matt Robinson
  • Lori Hallier como Rachel Thompson
  • Cody Jones como Nicholas Robinson
  • Brooke Nevin como Angela Robinson
  • Munyaradzi Kanaventi como Isaac
  • Themba Ndaba como Ngoi
  • Simon MacCorkindale como Walton Baden Smythe
  • Jason Kennett como cazador furtivo xefe
  • John Chinosiyani como Scarface
  • Elijah Madzikatire como Abraham

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cacería salvaxe en galego na TVG". Arquivado dende o orixinal o 26 de setembro de 2015. Consultado o 20 de novembro de 2016.