Saltar ao contido

Cadeira Zig Zag

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Zigzagstoel

Fabricante Cassina S.p.A.
Feito en Países Baixos
Deseño Gerrit Rietveld
Estilo De Stijl
Período 1932
Dimensións e materiais
Lonxitude 41 cm
Anchura 38 cm
Altura 74 cm
Materiais Madeira de olmo, agora de piñeiro

A cadeira Zig Zag é unha cadeira deseñada por Gerrit Rietveld en 1932, encadrada no movemento artístico holandés De Stijl.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Trátase dun deseño minimalista sen patas, feito por 4 táboas de 18 mm de espesor (orixinalmente de olmo, agora de piñeiro) que se unen nas beiras en forma de "Z". As xuntas, que sempre son especiais nos deseños de Rietveld, entre o respaldo e o asento son de cola de milano e entre o asento e "a pata" e desta ata o pé están reforzadas por un bispel de madeira asegurado con parafusos. Ten unha altura de asento de 460 mm. Foi deseñado para a Casa Rietveld Schröder de Rietveld en Utrecht e agora prodúcese polo fabricante italiano Cassina S.p.A.

Rietveld deseñou varios modelos co motivo do zigzag como punto de partida, incluíndo unha cadeira infantil e unha cadeira con repousabrazos.[1] A cadeira está en produción desde 1934 e aínda é fabricada no século XXI por Cassina, coñecida pola súa produción de mobles de deseño antigos e novos.

  1. "zigzag". centraalmuseum.nl. Consultado o 2023.