Caiac
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/%E3%82%A4%E3%83%B3%E3%83%95%E3%83%AC%E3%83%BC%E3%82%BF%E3%83%96%E3%83%AB%E3%83%BB%E3%82%BF%E3%82%A4%E3%83%97%E3%81%AE%E3%82%AB%E3%83%8C%E3%83%BC_%E5%B7%9D%E6%97%85%EF%BC%88%E3%83%AA%E3%83%90%E3%83%BC%E3%83%84%E3%83%BC%E3%83%AA%E3%83%B3%E3%82%B0%EF%BC%89%E5%8A%A0%E5%8F%A4%E5%B7%9D%E7%B7%A8_%E3%82%A4%E3%83%B3%E3%83%95%E3%83%AC%E3%83%BC%E3%82%BF%E3%83%96%E3%83%AB%E3%83%BB%E3%82%BF%E3%82%A4%E3%83%97P9170080.jpg/220px-%E3%82%A4%E3%83%B3%E3%83%95%E3%83%AC%E3%83%BC%E3%82%BF%E3%83%96%E3%83%AB%E3%83%BB%E3%82%BF%E3%82%A4%E3%83%97%E3%81%AE%E3%82%AB%E3%83%8C%E3%83%BC_%E5%B7%9D%E6%97%85%EF%BC%88%E3%83%AA%E3%83%90%E3%83%BC%E3%83%84%E3%83%BC%E3%83%AA%E3%83%B3%E3%82%B0%EF%BC%89%E5%8A%A0%E5%8F%A4%E5%B7%9D%E7%B7%A8_%E3%82%A4%E3%83%B3%E3%83%95%E3%83%AC%E3%83%BC%E3%82%BF%E3%83%96%E3%83%AB%E3%83%BB%E3%82%BF%E3%82%A4%E3%83%97P9170080.jpg)
O caiac[1] é unha embarcación de orixe esquimó fabricada tradicionalmente con pel de foca e cunha abertura na cuberta que se axusta ao corpo da persoa que a tripula.
Deporte
[editar | editar a fonte]En deporte é unha variedade de canoa deportiva que se utiliza nos cursos fluviais de gran velocidade e que só ten descuberta a parte onde van os remeiros.[1]
De un a catro tripulantes, na súa orixe era dun só tripulante, e usábase polos esquimós para pescar e cazar. O tripulante ou padexeiro acomódase sentado e orientado en dirección ao avance, a diferenza das embarcacións de remo, e propulsa a embarcación mediante unha pa de dupla folla ou culler que no necesita de apoio sobre o casco.
É unha embarcación longa (eslora) e estreita (manga). Nos seus deseños tradicionais era de cuberta pechada, só aberta na "bañeira" onde se sitúan os padexeiros. Existen na actualidade tantos deseños e variantes como usos potenciais, pero en xeral pode considerarse unha embarcación pequena en relación con outras, en ocasións de deseño extraordinariamente hidrodinámico e noutros casos de deseño compacto e manobrábel.
Dadas as súas características poden usarse caiacs en augas tranquilas (ríos, encoros, lagos ou piscinas), augas bravas (ríos de montaña ou canais de augas bravas) e no mar (incluso en mar aberto). Tal variedade de usos tradúcese nunha gran cantidade de modelos: de pista e descenso de ríos, de augas bravas, de caiac extremo, de rodeo, caiacs de surf, caiac de mar, de caiac-polo e de recreo, entre outras.
Tamén se denomina así unha regata de velocidade na que se emprega este tipo de embarcación.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caiac.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caiac |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hoehn, John (2011): Commando Kayak: The Role of the Folboat in the Pacific War Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine.. Zürich, Suíza: Hirsch Publishing. ISBN 978-3-033-01717-7.