Calandra das dunas
Calandra das dunas | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() At Jebil National Park, Tunisia | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||
Ver texto | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2d/Ammomanes_cincturus_arenicolor_%28Sundevall%29_MHNT_225_HdM_Gharda%C3%AFa.jpg/220px-Ammomanes_cincturus_arenicolor_%28Sundevall%29_MHNT_225_HdM_Gharda%C3%AFa.jpg)
A calandra das dunas[2] (Ammomanes cinctura) é unha especie de calandra da familia Alaudidae. Atópase de Marrocos a Paquistán. O seu hábitat natural son os desertos cálidos. En moitos sitios da súa area de distribución é unha especie común, pero noutras partes é moito menos común. Ten unha ampla distribución e non está sometida a ameazas evidentes, pero as avaliacións mostraron que está dercendo en número lentamente. A Unión Internacional para a Conservación da Natureza clasificou o seu status de conservación como "pouco preocupante".[1]
Taxonomía e sistemática
[editar | editar a fonte]Orixinalmente fora situada no xénero Melanocorypha.[3].
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense tres subespecies:[4]
- A. c. cinctura - (Gould, 1839): atopado nas illas de Cabo Verde.
- A. c. arenicolor - (Sundevall, 1850): descrita orixinalmente como unha especie separada no xénero Alauda. Atopada nos desertos do norte de África ata a Península do Sinaí e oeste de Arabia.
- A. c. zarudnyi - Hartert, 1902: atopada no leste de Irán, sur de Afganistán e sur de Paquistán.
Descrición
[editar | editar a fonte]A calandra das dunas é de aspecto similar á Ammomanes deserti, pero cos seus 14 a 15 cm de longo, é lixeiramente máis pequena, cunha cabeza máis pequena e máis abovedada, un bico máis pequeno, patas máis delgadas e cola máis curta. As partes dorsais son de cor beixe area con tons grises, mentres que as partes ventrais son abrancazadas con poucas ou ningunha manchas, e o peito e flancos con tons beixes. As ás maróns avermelladas teñen bordos traseiros escuros e a cola desa mesma cor ten unha banda negra terminal.[5]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A calandra das dunas ten unha ampla distribución polo norte de África, a Península Arábiga, o Próximo Oriente e o oeste de Asia. Vive en Afganistán, Alxeria, Bahrein, Cabo Verde, Chad, Exipto, Irán, Iraq, Israel, Xordania, Kuwait, Libia, Mali, Mauritania, Marrocos, Níxer, Omán, Paquistán, Qatar, Arabia Saudita, Sudán, Siria, Tunisia, Emiratos Árabes Unidos, Sáhara Occidental e Iemen.[1] O seu hábitat típico son os desertos os semidesertos areosos ou pedrosos, con vexetación arbustiva baixa. Xeralmente é máis tímida que a A. deserti e ten preferencia por chans chairos mentres que A. deserti tende a frecuentar pendentes rochosas e ladeiras.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calandra das dunas |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Calandra das dunas |
- ↑ 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2019). "Ammomanes cinctura" 2019: e.T22717236A155455024. doi:10.2305/IUCN.UK.2019-3.RLTS.T22717236A155455024.en.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ "Ammomanes cinctura - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2016-11-18.
- ↑ "IOC World Bird List 6.4". IOC World Bird List Datasets. doi:10.14344/ioc.ml.6.4.
- ↑ 5,0 5,1 Mark Beaman; Steve Madge (1998). The Handbook of Bird Identification: For Europe and the Western Palearctic. Christopher Helm. p. 541. ISBN 978-0-7136-3960-5.