Calandriña dos esteiros
Calandriña dos esteiros | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() En Fuerteventura, Illas Canarias | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/Alaudala_rufescens_minor_MHNT_225_Oued_tlidjene_Algerie.jpg/220px-Alaudala_rufescens_minor_MHNT_225_Oued_tlidjene_Algerie.jpg)
A calandriña dos esteiros,[2] tamén chamada calandriña das marismas[3] ou calandriña apincharada[4] (Alaudala rufescens, antes Calandrella rufescens) é unha pequena ave paseriforme que vive no sur de Eurasia e norte de África (incluídas as Canarias) ; en Galicia é unha ave accidental,[4] a pesar que algunha das subespecies vive no sur e leste da Península Ibérica. É unha ave común cunha ampla área de distribución e a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) considera que o seu status de conservación é "pouco preocupante".[1]
Taxonomía e sistemática
[editar | editar a fonte]Esta especie foi orixinalmente descrita como pertencente ao xénero Alauda. O nome xenérico que ten agora, Alaudala, é un diminutivo de Alauda, e o seu nome específico rufescens significa en latín 'avermellado', de rufus, 'vermello'.[5] Tamén estivo clasificada co nome Calandrella rufescens. Antes ou mesmo actualmente, algunhas autoridades consideraron que a Alaudala athensis, Alaudala cheleensis e Alaudala somalica eran subespecies da calandriña dos esteiros.
Subespecies
[editar | editar a fonte]Recoñécense nove subespecies:[6]
- A. r. rufescens - (Vieillot, 1819): viven en Tenerife (illas Canarias).
- A. r. polatzeki - (Hartert, 1904): viven nas illas Canarias orientais.
- A. r. apetzii - (Brehm, AE, 1857): encóntrase no leste e sur da Península Ibérica.
- A. r. minor - (Cabanis, 1851): habita desde Marrocos ao noroeste de Exipto e sur de Turquía ata a península do Sinaí e leste de Iraq.
- A. r. nicolli - (Hartert, 1909): vive no delta do Nilo (norte de Exipto).
- A. r. pseudobaetica - (Stegmann, 1932): no leste de Turquía, Transcaucasia e norte de Irán.
- A. r. heinei - (Homeyer, 1873): encóntrase desde Ucraína ao leste de Kazakhstán.
- A. r. aharonii - (Hartert, 1910): no centro de Turquía.
- A. r. persica - Sharpe, 1890: encóntrase desde o leste e sur de Iraq ata o sur e suroeste de Afganistán.
Descrición
[editar | editar a fonte]A calandriña dos esteiros é similar en tamaño e aparencia á Calandrella brachydactyla (calandriña común) pero xeralmente é de cor máis apagada cun peito máis manchado. Crece ata os 13 ou 14 cm de lonxitude e os sexos son similares. Igual que na calandriña común, a súa cor varía ao longo da súa ampla área de distribución e non é unha boa característica distintiva. É marrón cincenta con manchas escuras pola parte superior e branca pola inferior. Ten un supercilio claro e un curto e robusto bico.[7]
Debe terse coidado para non condundir esta especie coas do xénero Calandrella. Esta especie carece das manchas escuras no pescozo que ten a Calandrella brachydactyla (calandriña común), e ten un fino manchado polo peito. O bico e cabeza teñen tamén forma diferente nas dúas especies, sendo os desta especie máis curtos, o bico menos cónico e a cabeza menor e máis arredondada. A súa canción é máis rica e variada e imitadora que a da súa parente.[7]
Distribución e hábitat
[editar | editar a fonte]A calandriña dos esteiros reprodúcese en España, norte de África, e tamén desde Turquía cara ao leste polas zonas semidesérticas de Asia central ata Mongolia e a China. Moitas poboacións, incluíndo as que se reproducen en España e norte de África, son sedentariase non migradoras, pero algunhas en Asia migran desde o norte da súa área cara ao sur en inverno. Esta especie é unha ave errante moi rara no norte e oeste de Europa, incluída Galicia.[1]
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]É unha ave de campos abertos secos, que incluso prefire solos máis áridos e con menos vexetación que a calandriña común. Fai o niño no chan e pon dous ou tres ovos. Aliméntase de sementes e insectos, isto último especialmente na estación reprodutora.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Calandrella rufescens". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 37, 341. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ "IOC World Bird List 6.4". IOC World Bird List Datasets. doi:10.14344/ioc.ml.6.4.
- ↑ 7,0 7,1 Mark Beaman; Steve Madge (1998). The Handbook of Bird Identification: For Europe and the Western Palearctic. Christopher Helm. p. 547. ISBN 978-0-7136-3960-5.
- ↑ "Lesser Short-toed Lark (Calandrella rufescens)". Handbook of the Birds of the World Alive. Lynx Edicions. Consultado o 17 November 2016.