Calculadora científica

Unha calculadora científica é un tipo de calculadora electrónica con varias posibilidades para aplicacións científicas: funcións trigonométricas comúns, cálculo de logaritmos ou, no caso das calculadoras gráficas, capacidade de debuxar gráficas.


Diferenza entre calculadora científica e programábel
[editar | editar a fonte]Non se debe confundir a calculadora científica coa calculadora programábel. Se as funcións científicas poden implementarse nunha calculadora programábel, esta última, pola súa capacidade para recibir algoritmos máis ou menos complexos a través da súa linguaxe de programación, e capaz de implementar varios cálculos aplicados a datos, sendo asociada á familia dos ordenadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O 4 xaneiro de 1972, Hewlett-Packard comercializou a HP-35, a primeira calculadora científica de peto, que utilizaba a notación polaca inversa[1].
A finais da década de 1970, unha das calculadoras científicas máis utilizadas na Europa era a TI-30, grazas á súa excelente relación calidade-prezo [2]. Esta máquina pasou por multitude de variacións ata principios dos anos 90, para posteriormente acompañar as tendencias do deseño. A principios da década de 1980 Texas Instruments comercializou o ordenador TI-99/4A.
En poucos anos houbo un declive debido á aparición de ordenadores, tablets, calculadoras en liña e posteriormente teléfonos móbiles con aplicacións de calculadoras incluídas ou mesmo acceso a calculadoras on-line.
A partir do ano 2020 é difícil atopar persoas que usen habitualmente ou teñan este tipo de calculadoras científicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hewlett-Packard lance la HP 35". 4 xaneiro 1972. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ Décision no 03-D-45 du Conseil de la concurrence du 25 septembre 2003 relative aux pratiques mises en œuvre dans le secteur des calculatrices à usage scolaire NOR : ECOC0300364S