Saltar ao contido

Caldeirón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Caldeirón común»)
Caldeirón / Caldeirón común
Globicephala melas

Caldeirón mostrando a mancha en "W" da gorxa

Comparación co tamaño dun humano
Comparación co tamaño dun humano

Estado de conservación
DD [1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Odontoceti
Superfamilia: Delphinoidea
Familia: Delphinidae
Subfamilia: Globicephalinae
Xénero: Globicephala''
Especie: G. melas
Nome binomial
Globicephala melas
(Traill, 1809) [2]
Mapa de distribución do caldeirón común
Mapa de distribución do caldeirón común

Mapa de distribución do caldeirón común
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

O caldeirón propiamente dito,[3][4] ou caldeirón común,[5][6] Globicephala melas (Traill, 1809), é unha especie de cetáceo odontoceto da familia dos delfínidos, subfamilia dos globicefalinos.

Canda o caldeirón tropical, Globicephala macrorhynchs, Gray, 1846, integra o xénero Globicephala.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero Globicephala foi creado por Lesson en 1828, aparecendo por primeira vez en Compl. Oeuvres Buffon Hist. Nat., 1: 441, tomando como especie tipo a Delphinus globiceps Cuvier, 1812, que viña a coincidir coa especie Delphinus melas definida por Traill en 1809.[7]

A especie Globicephala melas fora descrita en 1809 polo naturalista escocés Thomas Stewart Traill, en Nicholson's J. Nat. Philos. Chem. Arts, 22: 81.[8], co nome de Delphinus melas, como quedou dito.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]

E especie tamén foi coñecida polos sinónimos:[2]

  • Delphinus melas Traill, 1809
  • Globicephala melaena (Traill, 1809)

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense dúas subespecies:[2]

Características

[editar | editar a fonte]

Os machos miden entre 4 e 7,6 m, as femias entre 3 e 5,6 e as crías ao nacer sobre 2 m. En canto ao peso, un exemplar adulto pesa entre 1,8 e 3,5 t, mentres que un acabado de nacer mide entre 1,8 e 2 m, e pesa sobre os 75 Kg.[6][11]

O corpo é alongado, coa cabeza globosa (que pode colgar sobre o diminuto bico nos machos vellos) e grandes aletas pectorais, dobradas nun cóbado que se fai máis acententuado coa idade, aleta dorsal prominente, falciforme, dirixida cara a atrás e situada na parte anterior do corpo, e aleta caudal pequena, cos bordos posteriores cóncavois e cunha ben marcada fendedura central separando os lóbulos.[6][11]

A súa coloración é gris escura ou negra uniforme polas rexións superiores, aínda que e posúen unha banda diagonal abrancazada que vai desde cada ollo até a base da aleta dorsal, e na rexión ventral amosan unha mancha de cor branca ou gris clara, en forma de "W", que comeza na gorxa para estrirarsew noi medido do ventre e acabar nun parche oval que se estende sobre a rexión uroxenital.[6]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Coñécense dúas poboacións distintas (que se corresponden coas dúas subespecies, edwardii no sur e melas no norte), unha situada no hemisferio sur (coas poboacións asociadas coas correntes de Humboldt, Falkland e Benguela) e outra no Atlántico norte, separadas polo cinto tropical. Ambas as pobocacións prefiren as augas profundas ou os bordos das plataformas continentais. Algúns individuos viven permanetemente lonxe ou cerca da costa, mentres que outros realizan migracións desde a costa (verán e outono) até mar aberto (inverno e primavera), segundo a abundacia de cefalópodos.[11]

É un animal abundante en Galicia, e a nosa comunidade, así como as costas cantábricas e as de Portugal, son os lugares da Península Ibérica onde se atopa a maior poboación de caldeiróns.[6]

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

Son animais moi sociábeis e familiares, vivindo en grupos de 10 a 50 individuos, que ás veces poden chegar até os 100, dos que un é o líder, que adoita ser a femia máis vella do grupo. En ocasións excepcionais poden chegar a reunirse varios centos e mesmo miles de exemplares.[6][11]

As mandas adoitan permaneceren inmóbiles na superficie, permitindo que os barcos se acheguen a pouca distancia. Saltan á proa das embarcacións (sobre todo os exemplares xuvenís; os adultos non adoitan saltar) e con fecuencia obsérvanse dando golpes coa aleta caudal e sacando a cabeza da auga para vixiar.[11]

Polo xeral realizan varias inspiracións rápidas e despois se soimerxen durante poucos minutos, aínda que para alimentarse poden durar 10 min ou máis. O seu sopro é potente, de máis de 1 m de altura. Poden sumerxirse até os 600 m, pero a maior parte das inmersións de entre 30 e 60 m.[11]

Alimentación

[editar | editar a fonte]

A súa dieta componse principalmente de chocos e luras, aínda que ás veces tamén comen pequenos peixes.[11]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Alcanzan a madurez sexual aos 6 anos, cando miden uns 3,5 m, as femias, e aos 12 anos, medindo uns 5 m, os machos. A xestación dura entre os 14 e os 16 meses, e os partos prodúcense na primavera e o verán. O período de aleitamento prolóngase durante dous anos. As femias poden volver a quedar preñadas aos 3 ou 5 anos.[6]

Varamentos

[editar | editar a fonte]

Os caldeiróns son animais que viven tanto na costa coma en mar aberto. Non é por tanto nada difícil que se produza un varamento na costa. En Galicia son frecuentes os varamentos na Costa da Morte e na costa cantábrica da Mariña de Lugo.

Se a femia líder vara na costa, o resto dos caldeiróns seguirana, producíndose un varamento masivo. Isto fai que eses varamentos sexan moi prexudiciais para eles, xa que é moi difícil devolver ao mar o grupo.

Estado das poboacións

[editar | editar a fonte]

En 2008, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza cualificou o estado de conservación das poboacións desta especie como "DD" (datos insuficientes). En primeiro lugar, porque é tratada como unha soa especie, aínda que puidera tratarse de dúas (ou máis), do que non hai de momento probas e, se así fora, algunhas destas poboacións poderían xustificar o seu listado en categorías superiores de risco. E, en segundo, polas ameazas que pesan sobre elas.[1]

As principais ameazas que poderían causar caídas importantes das súas poboacións son actuacións antropoxénicas, como o aumento dos ruídos dos sonares, especielmente dos militares e os empregados nas prospeccións sísmicas, e as captutras accidentais na pesca, especialmente nas de cefalópodos,[1] calculándose que podería reducir a súa poboación global nun 30 % ao longo de tres xeracións.[12]

  1. 1,0 1,1 1,2 Taylor, B. L., Baird, R., Barlow, J., Dawson, S. M., Ford, J., Mead, J. G., Notarbartolo di Sciara, G., Wade, P. & Pitman, R. L. (2008):Globicephala melas na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2010.3.
  2. 2,0 2,1 2,2 Globicephala melas (Traill, 1809) no ITIS.
  3. caldeirón Arquivado 22 de xullo de 2013 en Wayback Machine. no dicionario da RAG.
  4. Pérez Alberti, A. (dir.) (1982) , p. 209.
  5. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 317.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Díaz d'a Silva e Cartelle (2007), pp. 118-119.
  7. Globicephala en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (eds.) (2005).
  8. Globicephala melas en MSW
  9. Globicephala melas edwardii A. Smith, 1834 en WoRMS.
  10. Globicephala melas melas (Traill, 1809) en WoRMS.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 11,5 11,6 Carwardine, M., (1995), pp. 150-151.
  12. Taylor, B. L., Chivers, S. J., Larese, J. and Perrin, W. F. (2007): Generation length and percent mature estimates for IUCN assessments of Cetaceans. Southwest Fisheries Science Center.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]