Caldeira
Unha caldeira é un mecanismo deseñado para transmitir a calor xerada mediante a combustión dun combustible a un fluído portador. Adoita ser utilizado no campo da calefacción ou para quentar auga. Os combustibles máis utilizados para este proceso son carbón, biomasa, gasóleo C, fuel-oil, gas natural, butano e propano.
Descrición
[editar | editar a fonte]Unha caldeira de calefacción consta dun fogar, onde se queima o combustible, e un intercambiador onde a calor producida pola combustión transmítese ao fluído caloportador, que o leva aos emisores ou elementos terminais. Cando é necesario o uso dun queimador (para combustibles fluídos), o conxunto de caldeira e queimador chámase xerador.
Clasificación
[editar | editar a fonte]As caldeiras clasifícanse en varios tipo segundo as seguintes características:
- A súa colocación: mural ou de pé.
- A xestión de produtos de combustión: tiro natural ou de tiro forzado.
- A xestión do comburente: cámara estanca ou aberta.
- Presión do fogar: presión atmosférica, en depresión ou en sobrepresión.
- Rendemento enerxético: estándar, de baixa temperatura ou de condensación.
- Combustible utilizado: biomasa, carbón, gasóleo C ou butano, propano e gas natural.
- Servizo: só calefacción, auga quente sanitaria ou os dous servizos (mixta).
- Fluído caloportador: auga, auga sobrequentada ou vapor.
Sistemas de acumulación
[editar | editar a fonte]Para grandes demandas de auga quente sanitaria utilízanse caldeiras con interacumulador ou cun depósito incorporado como por exemplo o Termoacumulador de gas.