Caldeliñas, Vilamaior do Val, Verín
Caldeliñas | |
---|---|
Balneario de Caldeliñas | |
Parroquia | Vilamaior do Val |
Concello | Verín |
Coordenadas | 41°57′55″N 7°25′35″O / 41.965138888889, -7.4262777777778 |
Poboación | 118 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Caldeliñas é unha aldea da parroquia de Vilamaior do Val no concello de Verín (comarca de Verín), na provincia de Ourense. No ano 2020 tiña 118 habitantes, deles 57 eran homes e 61 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2019.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]O seu nome provén do latín “[Aquae] caldae”, debido á alta temperatura coa que brotan as súas augas mornas. Na súa contorna atópanse as ruínas do balneario de Caldeliñas pioneiro do termalismo e do emprego mineromedicinal das súas augas na vila[1] Na aldea están a fonte de Madoiras e un cruceiro (séculos XVI-XVIII), de base cadrada e escalonada de dous chanzos, debaixo dunha peana cúbica e un fuste cilíndrico rematado nun capitel clásico e unha cruz grega de sección octogonal.[2].
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilamaior do Val
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilamaior do Val no concello de Verín (Ourense) | |
---|---|
Parroquias de Verín
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Caldeliñas y el origen del termalismo en Verín. Influencias del modelo francés y la Casa Real Española." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de maio de 2019.
- ↑ Cruceiro de Caldeliñas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.