Calidade dos alimentos
A calidade dos alimentos é o conxunto de calidades que fan aceptable os alimentos aos consumidores. Estas calidades inclúen tanto as percibidas polos sentidos (calidades sensoriais): sabor, cheiro, cor, textura, forma e aparencia, tanto como as hixiénicas e químicas. A calidade dos alimentos é unha das calidades esixidas aos procesos de manufactura alimentaria, debido a que o destino final dos produtos é a alimentación humana e os alimentos son suceptibles en todo momento de sufrir calquera forma de contaminación. Moitos consumidores requiren que os produtos sexan manipulados de acordo con certos estándares, particularmente desexan coñecer os ingredientes que posúen, debido a unha dieta, requirimentos nutricionais (kosher, halal, vexetarianos), ou condicións médicas (como pode ser a diabetes, ou simplemente alerxias).
A calidade dos alimentos ten como obxecto non só as calidades sensoriais e sanitarias senón tamén a rastrexabilidade dos alimentos durante os procesos industriais que van dende a súa recolección, ata a súa chegada ao consumidor final.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Potter, Norman N. e Joseph H. Hotchkiss (1995). Food Science. 5th Edition. Nova York: Chapman
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.hyfoma.com/ Hyfoma - Food Quality Laws, Standards and legislation
- http://www.ehedg.org EHEDG international standard
- http://www.asq.org/fdc Arquivado 18 de outubro de 2007 en Wayback Machine. American Society of Quality Food, Drug, and Cosmetic Division
- https://web.archive.org/web/20060829174023/http://www.iftqa.org/ Institute of Food Technologists Quality Assurance Division
- https://web.archive.org/web/20070514114437/http://foodquality.wfp.org/ United Nation's World Food Programme Food Quality Control