Saltar ao contido

Calo (medicina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Calo doloroso no dedo maimiño e verruga profunda e moi dolorosa na planta.

A hiperqueratose, vulgarmente denominada como calo[1] ou talo,[2] é unha zona da pel na que se produce unha acumulación de queratina correspondente á compactación de células mortas inertes da epiderme en resposta a un estímulo que pode ser, xeralmente, o rozamento ou a fricción excesiva.[3] Os calos son máis comúns na zona do pé ou da man, dependendo da actividade ou factor polo cal xurda o callo.

Fisiopatoloxía[editar | editar a fonte]

É un mecanismo de defensa da pel, que nos pés adoita asociarse a patróns anómalos de marcha e funcionamento do pé, os cales provocan que determinadas zonas do pé se vexan sometidas a sobrecarga, sendo a resposta da pel a formación de hiperqueratose.

Noutros casos están relacionadas co rozamento excesivo do calzado (sobre todo nas zonas dorsais do pé) ou coa presión das estruturas óseas sobre a pel que as separa (como ocorre cos helomas ou hiperqueratoses interdixitais).

É frecuente tamén apreciar hiperqueratose nas mans de persoas que realizan traballos con elas.

Tratamento[editar | editar a fonte]

Os calos nos pés son un sinal de sobrecarga que debe ser valorado polo podólogo. O tratamento convencional para eliminar os calos é a quiropodia ou eliminación mediante bisturí. Unha vez retirada a hiperqueratose, a pel queda completamente sa, mais o factor etiolóxico, que é o funcionamento anormal do pé, segue estando presente, polo que o problema volve aparecer pasado un tempo. Por esta razón o tratamento debe encamiñarse non só a eliminar manualmente estas durezas, senón a buscar o mecanismo etiolóxico que as orixina e compensalo, xeralmente mediante uns soportes confeccionados a medida.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para calo.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para talo.
  3. Roza, Álvaro López (1 de decembro de 2013). Lesiones en el pádel: Más vale prevenir que jugar (en castelán). Punto Rojo Libros. ISBN 9781629347165. Consultado o 28 de febreiro de 2018. 
  4. Pons, Bartolomé Beltrán (2008-05). El Medico Solo No Basta (en castelán). Arán Ediciones. ISBN 9788496881440. Consultado o 28 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]