Calocera viscosa
Calocera viscosa | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cornos de veado amarelos no parque nacional de Durmitor (Montenegro) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calocera viscosa' (Pers.) (1794)[1] |
A Calocera viscosa ((Persoon) Fries, 1827; sin. Calocera flammea), os cornos de veado amarelos, é un pequeno cogomelo da clase Dacrymycetes, orde Dacrymycetales.
Caracterízase pola súa estrutura coraloide, pouco ramificada, diferente da típica dos cogomelos basidiomicetos; as últimas ramificacións rematan en puntas arredondadas, como dedos. É de cor laranxa brillante, avermellada, pero tamén amarelo ou branco, que destaca sobre a cor do substrato. A base é abrancazada e introdúcese varios centímetros no substrato. A textura é xelatinosa e viscosa ó tacto, así como a carne; sen olor nin sabor apreciables. O himenio recobre toda a superficie do corpo frutífero.
É relativamente común ó longo de todo o ano, pero especialmente no verán e outono. Crece sobre madeira en descomposición (tocóns, ramas e piñas) de coníferas, pero tamén sobre a procedente doutras árbores, en individuos illados ou formando grupos. Pode acadar os 3–5 cm de altura.
Non é comestible se ben non se ten certeza de que conteña principios tóxicos. En ocasións foi cultivada como planta decorativa.
Pódese confundir con Clavulinopsis corniculata, que crece sobre o chan e é de consistencia fráxil, mentres que a Calocera viscosa faino sobre madeira e é viscosa e xelatinosa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.mycobank.org/BioloMICS.aspx?Link=T&TableKey=14682616000000067&Rec=77924&Fields=All Mycobank, retrieved 16th August 2012
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- MARCOTE, J. M. C., POSE, M., e TRABA, J. M.: Cogomelos de Galicia, Xunta de Galicia, 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Calocera viscosa |
- Ficha en Mycobank (en inglés)
- Ficha en Index Fungorum (en inglés)