Calsphere
Aparencia
Calsphere (Calibration Sphere) foi unha serie de satélites artificiais dos Estados Unidos lanzados entre 1962 e 1967.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os catro satélites Calsphere eran satélites pasivos de forma esférica construídos polo Laboratorio de Investigación Naval (Naval Research Laboratory, NRL) e de diferentes masas, desde os 1,4 kg de Calsphere 1 aos 5 kg de Calsphere 4. Foron usados como obxectivos para calibración dos radares militares terrestres.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Calsphere 1 | 13 de decembro de 1962 | Thor Agena D | Fallo parcial |
Calsphere 2 | 13 de agosto de 1965 | Thor Ablestar | Éxito. |
Calsphere 3 | 31 de maio de 1967 | Thor Agena D | Éxito |
Calsphere 4 | 31 de maio de 1967 | Thor Agena D | Éxito |