Camarote de luxo
Camarote de luxo | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Camarote de lujo |
Director | Rafael Gil |
Guión | Rafael Gil |
Baseado en | "Luz de Luna" de Wenceslao Fernández Flórez |
Intérpretes | Antonio Casal María Mahor Fernando Sancho |
Música | Cristóbal Halffter |
Fotografía | Alfredo Fraile |
Montaxe | José Antonio Rojo |
Estudio | Aspa Producciones Cinematográficas |
Distribuidora | CEA Distribución |
Estrea | Madrid: 22 de xuño de 1959 21 de febreiro de 1986 (TVG) |
Duración | 95 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Comedia |
Na rede | |
Camarote de luxo (en castelán: Camarote de lujo) é un filme español de 1957 dirixido por Rafael Gil.[1] O guión baséase na novela Luz de luna de Wenceslao Fernández Flórez que trata do clásico tránsito do mundo rural ó urbano e unha visión sobre a emigración cara a América.[2]
Estreouse en galego o 21 de febreiro de 1986 a través da Televisión de Galicia.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un mozo abandona a súa vila e vai á capital, A Coruña, para traballar cun familiar nunha empresa navieira de emigración. Axiña descobre que o xefe extorsiona ós emigrantes ós que vende pasaxes e mesmo trata de roubarlles os papeis a un deles. Pero el, que é un home honrado e sensible, non pode consentir tal inxustiza e devolve os papeis ó emigrante para que poida embarcar de xeito que acaba sendo despedido.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Antonio Casal como Aurelio Romay
- María Mahor como Guadalupe
- Fernando Sancho como Ernesto
- José Marco Davó como Don Fabián Mouriz
- Mercedes Muñoz Sampedro como Doña Sofía
- Rafael Bardem como Don Jacinto
- Carmen Esbrí como Vedette
- Erasmo Pascual como Pai do fuxitivo
- Carmen Rodríguez como Nai de Aurelio
- Juan Vázquez como Don Manuel
- Nelly Morelli como Elvira
- Guillermo Hidalgo como Oficial
- Adela Carboné como Tía de María
- Celia Foster como María
- Ángel Álvarez Fernández como Padriño
- Isabel Pallarés como Madriña
- Eumedre como Juan Cadaval
- Manolo Morán como Don Armando
- Julia Caba Alba como Muller mareada
- Pilar Gómez Ferrer como Señora no tren
- Manuel Requena como Don Vicente
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Camarote de lujo. Ficha IMDb". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de decembro de 2018.
- ↑ Presentación de Camarote de lujo. Historia de nuestro cine. Rtve
- ↑ La Voz de Galicia, 21 de febreiro de 1986. Páx. 63
- ↑ Revista de cine filmaffinity
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bentley, Bernard (2008). A Companion to Spanish Cinema. Boydell & Brewer.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Camarote de luxo na IMDb (en inglés).