Saltar ao contido

Cambises I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCambises I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento600 ANE
Morte559 ANE
Pasárgada, Irán (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPasárgada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Gran Rei
580 a. C. – 559 a. C.
← Ciro ICiro II → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía aqueménida Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMandane de Media Editar o valor en Wikidata
FillosCiro II Editar o valor en Wikidata
PaiCiro I Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Cambises I o Vello, nado cara ao 600 ANE e finado no 559 ANE, foi rei de Anshan desde preto do 580 ANE até a súa morte, e foi pai de Ciro II o Grande. O seu nome en grego era Καμβύσης, de onde o latín Cambyses.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cambises era un antigo membro da dinastía aqueménida. Aparentemente era o bisneto do seu fundador Aquemenes, neto de Teispes e fillo de Ciro I de Anshan. O seu tío paterno reinou como Ariaramnes de Persia e o seu curmán como Arsames de Persia.

De acordo con Heródoto, Cambises foi "un home de boa familia e costumes tranquilos". Reinou baixo o goberno supremo de Astiaxes, Rei de Media. Seica estivo casado coa princesa Mandane de Media, filla de Astiaxes e da princesa Arienis de Lidia. A súa muller era supostamente a neta tanto de Ciaxares de Media e de Aliates II de Lidia. O resultado da súa voda foi o nacemento do seu sucesor Ciro o Grande.

Segundo Heródoto, Astiaxes escolleu a Cambises como xenro porque non o consideraba ameaza ningunha para o trono de Media. Ese non foi o caso de Ciro II que había depoñer ao seu avó.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]