Saltar ao contido

Camila Kater

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCamila Kater
Biografía
Nacemento21 de abril de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Estadual de Campinas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm6260911 Editar o valor en Wikidata


Camila Kater nada en São Paulo o 21 de abril de 1990 é unha directora, guionista e animadora brasileira. A súa curtametraxe Carne valeulle o maior recoñecemento en premios e festivais de todo o mundo.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Camila Kater é licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade Estatal de Campinas (UNICAMP) de Brasil. En 2012 obtivo unha bolsa, dentro do programa Ciencia Sen Fronteiras do goberno brasileiro, para estudar Produción de Cine e Televisión na Universidade Británica Anglia Ruskin de Cambridge.[1]

Os seus traballos son numerosos, tanto en curtas como en longametraxes de animación. Traballou en producións stop motion como animadora, directora de arte e creadora de monicreques en curtametraxes como Apple, The Trial, Flirt, Unspeakable. Participou nas longametraxes Voyagers of the Enchanted Forests e en Bob Spit, We Don't Like People, como asistente de arte e animación.

Kater forma parte do Centro de Cine de Animación de Campinas e é cofundadora e coordinadora de La Extraordinária Semana de Mostras Animadas (LESMA), no Brasil,[2][3]que completou tres edicións en Unicamp, co apoio de festivais como MONSTRA (Festival de Cine Animado de Lisboa), ANIMAGE (Festival Internacional de Animación de Pernambuco) e Festival Internacional StopTrik (Eslovenia, Polonia).[4]

Carne foi a súa primeira curtametraxe e pola que recibiu o maior recoñecemento do seu traballo ata a data. Carne, coñecida internacionalmente como Flesh é coproducida entre España (Chelo Lourero, Abano Produccións) e Brasil (Livia Pérez, Doctela). A música foi composta por Sofía Oriana Infante e o guión é de Camila Kater e Ana Julia Carvlheiro.

A crítica dixo de Carne que é un "exemplo brillante de documental de animación e do estimulante que pode ser a perspectiva de xénero no cine"[5]e tamén, no que respecta ao seu contido, "Carne celebra e explora a feminidade a través das sucesivas etapas da vida, ademais de presentar un novo exame dos tabús perennes que pesan sobre as concepcións do corpo feminino".[6] En Carne cóntase a historia de cinco mulleres e a súa relación co corpo, dende a infancia ata a vellez.[7]

Estreouse no Festival Internacional de Locarno de 2019 e desde entón foi seleccionado para máis de 300 festivais de cine de todo o mundo, entre eles TIFF, IDFA, DOK Leipzig, AFI, Palm Springs ShortFest, Annecy e Tampere, entre moitos outros. Recibiu preto de 70 premios.[8]

Carne estaba na lista de candidatos aos Premios Goya 2021 e clasificado para os Premios Oscar 2021.[8] Tras o anuncio da posible candidatura, algunhas cineastas e feministas internacionais, entre elas a directora Isabel Coixet, a actriz brasileira Alicie Braga ou a crítica de cine estadounidense B. Ruby Rich, mostraron o seu apoio á curta.[9] [10]

Premios e honras

[editar | editar a fonte]

Carne recibiu numerosos premios en todo o mundo, entre os que destacan: a Mención Especial do Xurado Mozo da sección Pardi di domani de Locarno, o premio Mikeldi á Mellor Curtametraxe Documental en ZINEBI (cualificada para os Premios Óscar), Mellor Curtametraxe Europea na SEMINCI, a Mellor Curtametraxe de Animación no Festival da Habana, a Biznaga de Prata á Mellor Curtametraxe Documental[11][12] así como o Premio do Xurado no Festival de Cine de Ann Arbor 2020.[13][14]

  1. "University courses at ARU | Anglia Ruskin University - ARU". Consultado o 2021-01-30. 
  2. Redação (2018-10-23). "La Extraordinária Semana de Mostras Animadas – LESMA acontece de 26 e 28 de outubro em Campinas" (en portugués). Consultado o 2021-01-30. 
  3. "| Instituto de Artes" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 9 de febrero de 2021. Consultado o 2021-01-30. 
  4. "Camila Kater – Agencia Freak" (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  5. Laguna, Ray. "2019: Carne | Animación para adultos" (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  6. Mayorga, Emilio (2020-06-20). "Brazilian Animator Camila Kater Confronts Female Aging In Debut ‘Carne’" (en inglés). Consultado o 2021-01-30. 
  7. "Carne" (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  8. 8,0 8,1 "Camila Kater". Consultado o 2021-01-30. 
  9. "‘Carne’, de Chelo Loureiro, recibe el apoyo de Coixet en busca del Oscar" (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  10. Kater, Camila (2021-01-12). "Opinion | Why Is a Woman’s Body Always in Question?". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-01-31. 
  11. CatalunyaPress.es. "'Las niñas' y 'Blanco de verano', ganadoras de la Biznaga de Oro a las mejores películas de Málaga" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2020. Consultado o 2021-01-30. 
  12. "Las mujeres ganadoras en la secciones de cortometrajes del 23 Festival de Málaga – CIMA – Asociación de mujeres cineastas y de medios audiovisuales" (en castelán). Consultado o 2021-01-30. 
  13. "Carne, un cortometraje sobre las etapas del cuerpo femenino" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2021. Consultado o 2021-01-30. 
  14. Lukasievicz, Mauro. "Entrevista a Camila Kater, directora de Carne – Caligari" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2021. Consultado o 2021-01-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]