Camilo Catrillanca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de setembro de 1994 Victoria, Chile (pt) |
Morte | 14 de novembro de 2018 (24 anos) Temucuicui, Chile (en) |
Causa da morte | homicidio, ferida por arma de fogo |
Grupo étnico | Pobo mapuche |
Actividade | |
Ocupación | campesiño |
Camilo Marcelo Catrillanca Marín, nado en Victoria, Rexión de Araucanía o 13 de setembro de 1994 e finado en Temucuicui, Ercilla o 14 de novembro de 2018 foi un comuneiro mapuche asasinado ó recibir, por detrás, un tiro na súa testa.[1] O proxectil foi disparado polo exsarxento Carlos Alarcón, membro do chamado «comando Xungla» de Carabineros de Chile nun incidente que a xustiza investiga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Camilo Catrillanca era neto do histórico lonco Juan Catrillanca e fillo do presidente da comunidade mapuche «Ignacio Queipul Millanao», Marcelo Catrillanca.[2]
Foi dirixente do movemento estudantil no Liceo de Pailahueque e foi partícipe de actos de recuperación de terras na comuna de Ercilla, Rexión de Araucanía. En 2011 liderou unha toma de estudantes secundarios na Municipalidade de Ercilla, que terminou 13 días despois, tras lograr un acordo da creación dun liceo intercultural e o aumento de bolsas.[3]
No momento da súa morte tiña unha filla de 6 anos, e a súa parella estaba embarazada.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rexistro Civil. Circunscrición : Vitoria. Nro. inscrición : 643 Rexistro : Ano : 1995.
- ↑ 2,0 2,1 "Camilo Catrillanca, una vida de lucha por el Pueblo Mapuche".
- ↑ "Quién era Camilo Catrillanca, el comunero mapuche que murió tras ser baleado en la comunidad Temucuicui".