Camilo Pereira Freijenedo
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Morte | setembro de 1931 ![]() Vigo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Virxinia Pereira Renda ![]() |
Camilo Pereira Freijenedo, finado en Vigo a principios de setembro de 1931[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Hipólito Pereira e María Freigenedo, oriundos de Seoane de Arcos (O Carballiño). Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, instalouse na Estrada a finais da década dos sesenta como procurador dos tribunais. Adscrito ao Partido Liberal, foi concelleiro da Estrada e deputado provincial (1888-1900). Foi secretario do xulgado municipal da Estrada. Foi presidente da empresa Automóviles Gallegos. En 1926 concedéronlle a medalla do Traballo, sendo o primeiro galego en conseguila.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en 1873 con Peregrina Renda López e foi pai de Sara Pereira Renda (que casou con Alfredo Pérez Viondi en 1897) e Virxinia Pereira Renda (que casou con Castelao).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ El Pueblo Gallego, 4-9-1931, p. 5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Arca Caldas, Olimpio (1999). "As dúas mulleres de Castelao" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (2): 9–47.
- Taboada Moure, Pablo (1987). Deputación Provincial, ed. Las élites y el poder político. Elecciones provinciales en Pontevedra (1836-1923). Pontevedra. ISBN 84-505-6436-0.