Caminando Juntos
Caminando Juntos | |
---|---|
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Democracia directa Antisistema Populismo |
Outros datos | |
Na rede | |
caminando-juntos | |
Caminando Juntos (CJ) é un partido político español fundado pola antiga deputada de Vox Macarena Olona.[1][2][3]
Historia
[editar | editar a fonte]O partido fundouno Macarena Olona, antiga membro do partido ultradereitista Vox. Olona foi elixida deputada no Congreso español nas eleccións xerais de España de abril de 2019 , e deputada do Parlamento de Andalucía en 2022, eleccións na que foi candidata á Presidencia da Xunta de Andalucía.
Días após da investidura do Parlamento Andaluz, Olona anunciou o seu abandono da política, alegando "razóns de saúde". Tamén alegou que era parte dunha disputa interna en Vox e, sendo que a súa relación co liderado do partido empeorara, o cal provocou a súa saída. Anunciaría o seu novo proxecto político 11 meses máis tarde para concorrer ás Eleccións do 23 de xullo de 2023.
O partido rexistrouse legalmente o 31 de maio de 2023 ante Ministerio de Interior español.[4] A dirixente do partido, Macarena Olona confirmou o 1 de xuño de 2023 que o seu proxecto Caminando Juntos concorrerá nas Eleccións Xerais de 2023 e que ela, como candidata, encabezaría a lista para a provincia de Granada.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Olona presenta 'Caminando juntos' como "movimiento transversal": "Mi partido no está en el que te vote Txapote, está en el que España flote"". cadena SER (en castelán).
- ↑ "Olona confirma que irá al 23J con su nuevo partido Caminando Juntos: "No estaré en el 'que te vote Txapote"". ElHuffPost (en castelán).
- ↑ "El nuevo partido de Macarena Olona: todo lo que se sabe de Caminando Juntos ideología y circunscripciones". abc (en castelán).
- ↑ "Macarena Olona registra su partido político "Caminando Juntos" a dos meses de las elecciones generales". www.europapress.es.