Campionato Portugués de Rugby 1993-1994
Aparencia
Tipo | Campeonato Português de Rugby |
---|---|
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Federación Portuguesa de Rugby |
Número de participantes | 8 |
Localización e Datas | |
País | Portugal |
Período de tempo | tempada 1993-1994 |
Número de edición | 36 |
Competición | |
Primeiro posto | Cascais Rugby Linha |
A tempada 1993-1994 do Campionato Nacional foi a edición número 36 da máxima competición de clubs do rugby en Portugal.
Formato do torneo
[editar | editar a fonte]O formato de competición contou con dúas fases.
- Na primeira os oito equipos xogaron todos contra todos unha liga de catorce xornadas.
- Na segunda fase os catro mellores equipos da primeira fase xogaron entre si outra liga de todos contra todos de seis xornadas para determinar o equipo campión. Os catro peores equipos da primeira fase fixeron o mesmo para determinar os descensos.
Primeira Fase
[editar | editar a fonte]Segunda Fase
[editar | editar a fonte]Nesta segunda fase ningún equipo partía de cero puntos. Tódolos equipos partían coa metade dos puntos acadados na primeira fase, ós que se lle sumaron os acadados na segunda fase para ter a puntuación definitiva que determinaría a clasificación final no torneo.
- Grupo A
- O Cascais acadou o seu cuarto título de liga, o terceiro consecutivo.
- Grupo B
- O Évora foi sancionado con dúas incomparecencias fronte a Lousã e Tecnico. Évora e Lousã perderon a máxima categoría, mentres que Academica e CRAV acadaron o ascenso na segunda división por diante de Agronomia, Loule, Coímbra e UTAD.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web da Federación Portuguesa de Rugby (en portugués)
- Número 5 da revista Rugby Magazine (en portugués)