Campionato di Eccellenza 2010-2011
A tempada 2010/11 da Liga Italiana de Rugby foi a 81ª edición da máxima competición nacional organizada pola Federación Italiana de Rugby. A tempada comezou o 12 de setembro do 2010 e despois de 18 xornadas rematou o 1 de maio do 2011 para dar paso ós playoffs, nos que participaron os catro primeiros equipos da táboa clasificatoria.
Debido á entrada nesta tempada de dous equipos italianos na Magners League, a Liga Italiana de Rugby xa non clasificará ningún equipo para a vindeira Heineken Cup, senón que os catro equipos que disputaron os playoffs estarán na European Challenge Cup o ano que vén.
Denominada dende esta tempada como Campionato de Eccellenza, este ano estaba previsto que a competición estivese composta por 12 equipos, e con ese obxectivo ascendeuse dende a serie A (segunda división) a tres equipos: SS Lazio, Mogliano e Noceto. Non obstante, no verán anunciouse a saída da liga dos vixentes campión e subcampión da tempada pasada, para comezar a competir na tempada 2010/11 da Magners League, o Benetton Treviso por si mesmo e o Rugby Viadana como núcleo esencial do proxecto do Aironi Rugby. Tamén se levou a cabo a fusión do Rugby Parma co Noceto para crear o Crociati, así que a liga xa se quedaba en nove equipos, de xeito que houbo que repescar o descendido Veneziamestre e cerrouse así a liga con 10 equipos, como na tempada anterior. Finalmente, o Gran Parma e mais o Colorno da serie A tamén se fusionaron para crear o GranDucato.
Equipos
[editar | editar a fonte]Club | Cidade | Estadio | Capacidade |
L'Aquila | L'Aquila | Stadio Tommaso Fattori | 10.000 |
Cavalieri | Prato | Stadio Enrico Chersoni | 1.300 |
Crociati | Parma | Stadio XXV Aprile | 2.500 |
GranDucato | Parma | Stadio XXV Aprile | 2.500 |
SS Lazio | Roma | Centro Sportivo Giulio Onesti | 5.000 |
Mogliano | Mogliano Veneto | Stadio Maurizio Quaggia | 786 |
Petrarca | Padua | Stadio Plebiscito | 9.600 |
Rugby Roma | Roma | Stadio Tre Fontane | 4.000 |
Rovigo | Rovigo | Stadio Mario Battaglini | 7.000 |
Veneziamestre | Venecia | Centro Sportivo Comunale | 600 |
Clasificación
[editar | editar a fonte]
| |||||||||||||||
Equipo | Puntos | Xogados | Gañados | Empates | Perdidos | Bonus | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Rovigo | 73 | 18 | 16 | 0 | 2 | 9 | ||||||||
2 | Cavalieri | 67 | 18 | 14 | 0 | 4 | 11 | ||||||||
3 | Petrarca | 59 | 18 | 13 | 1 | 4 | 5 | ||||||||
4 | Crociati | 48 | 18 | 10 | 2 | 6 | 4 | ||||||||
5 | GranDucato | 45 | 18 | 9 | 1 | 8 | 7 | ||||||||
6 | Rugby Roma | 40 | 18 | 7 | 2 | 9 | 8 | ||||||||
7 | Mogliano | 37 | 18 | 6 | 2 | 10 | 9 | ||||||||
8 | SS Lazio | 32 | 18 | 6 | 2 | 10 | 4 | ||||||||
9 | L'Aquila | 21 | 18 | 4 | 0 | 14 | 5 | ||||||||
10 | Veneziamestre | 0 | 18 | 0 | 0 | 18 | 4 | ||||||||
En azul os catro4 equipos que se clasificaron para disputar o título nas semifinais e que estarán o vindeiro ano na European Challenge Cup. En amarelo, o último clasificado que descende. A vitoria vale catro puntos e o empate dous. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir catro ensaios ou máis, e por perder por sete puntos ou menos. Veneziamestre tivo catro puntos de penalización. |
Semifinais e final
[editar | editar a fonte]Local | Resultado | Visitante | Información | |||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Data e hora | Estadio e cidade | |||||||
Ida das SEMIFINAIS | ||||||||
Crociati | 13 – 20 | Rovigo | 14 de maio, 18:10 | XXV Aprile, Parma | ||||
Petrarca | 31 – 18 | Cavalieri | 15 de maio, 18:10 | Memo Geremía, Padua | ||||
Volta das SEMIFINAIS | ||||||||
Rovigo | 24 - 9 | Crociati | 21 de maio, 18:10 | Mario Battaglini, Rovigo | ||||
Cavalieri | 5 - 6 | Petrarca | 22 de maio, 18:10 | Enrico Chersoni, Prato | ||||
F I N A L | ||||||||
ROVIGO | 14 - 18 | PETRARCA | 28 de maio, 18:10 | Mario Battaglini, Rovigo |
A vitoria final no campionato italiano de rugby correspondeulle a Petrarca Rugby, equipo que viña de rematar terceiro despois de 18 xornadas de liga regular. A final enfrontou a Rovigo e a Petrarca, dous equipos con 11 títulos cada un no seu palmarés, pero que non acadaban o campionato dende había máis de 20 anos.