Saltar ao contido

Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato do mundo de ciclismo de montaña e trial 2007
Imaxe
TipoCampionato do mundo de ciclismo de montaña e trial Editar o valor en Wikidata
OrganizadorUnión Ciclista Internacional Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Corrida (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg13, Cross country
Corrida (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg6, Trial Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónFort William (pt) Traducir (Highland) 56°49′01″N 5°06′35″O / 56.8169, -5.1097 Editar o valor en Wikidata
PaísReino Unido Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo4 de setembro de 2007 – 9 de setembro de 2007 Editar o valor en Wikidata
Número de edición18  (2007) Editar o valor en Wikidata

O Campionato do mundo de ciclismo de montaña e trial de 2007 é a 18ª edición dos mundiais deste deporte, e celebrouse en Fort William (Escocia) entre o 3 e o 9 de setembro de 2007.

Localización

[editar | editar a fonte]
Instalacións da estación de esquí, aproveitadas para a proba de descenso

As instalacións das probas atópanse a uns 10 km do centro da cidade de Fort William, no oeste de Escocia, saíndo en dirección noroeste cara a Inverness. O contorno é localización da estación de esquí de Nevis Range. As pistas de descenso e four cross estaban situadas nas abas do Ben Nevis, o monte máis elevado de toda a illa, mentres que o circuíto de cross se desenvolvía ao seu pé.

Nestas instalacións dispútanse todos os anos probas da Copa do Mundo de ciclismo de montaña, e son un lugar permanente de adestramento para ciclistas de montaña.

Disputáronse probas nestas especialidades:

  • Cross: masculino e feminino, en tres categorías: absoluto, sub23 e júnior. A categoría júnior correu sobre unha distancia de 25,6 km, a feminina absoluta e sub23 sobre 34,2 km, a masculina sub23 sobre 42,8 km, e a absoluta masculina sobre 51,4 km.
  • Descenso: masculino e feminino, en dúas categorías: absoluto e júnior.
  • Four-cross: masculino e feminino
  • Remudas: mixto
  • Trial: masculino, con rodas de 20 e 26 polgadas, e mais feminino. O masculino en categorías absoluta e júnior. Ademais, houbo unha competición por equipos.

É a primeira vez que se competía en remudas, e tamén a primeira vez que o trial se facía en categoría feminina e por equipos.

Presenza galega

[editar | editar a fonte]

Logo da rotura de clavícula da ciclista Eva Castro ao comezo da tempada, o que impediu a súa presenza no campionato, o único galego en Fort William foi José Antonio Hermida, medallista olímpico. Compite na proba de cross, en categoría absoluta, e quedou en décima posición.

Resultados

[editar | editar a fonte]
Proba Medalla de ouro Medalla de prata Medalla de bronce
Cross mulleres Irina Calentieva • 1:44'08" Sabine Spitz • 1:44'47" Alemaña Wang JingJing • 1:45'50" República Popular da China
Cross homes Julien Absalon • 2:17'06" Francia Ralph Naef • 2:17'32" Suíza Florian Vogel • 2:18'00" Suíza
Cross mulleres (sub23) Liu Ying • 1:45'43" República Popular da China Chengyuan Ren • 1:49'15" República Popular da China Elisabet Osl • 1:51'03" Austria
Cross homes (sub23) Jakob Fulgsang • 1:54'04" Dinamarca Nino Schurter • 1:55'48" Suíza Yaroslav Kulhavy • 1:57'25" República Checa
Cross mulleres (júnior) Alla Boico • 1:25'14" Ucraína Jitka Skarnitzlova • 1:25'43" República Checa Julie Bresset • 1:26'50" Francia
Cross homes (júnior) Thomas Litscher • 1:37'06" Suíza Piotr Brzozka • 1:37'33" Polonia David Fletcher • 1:37'47"
Descenso mulleres Sabrina Jonnier • 5'28"35 Francia Rachel Atherton • 5'32"36 Tracey Hannah • 5'39"89 Australia
Descenso homes Sam Hill • 4'52"01 Australia Fabien Barel • 4'52"65 Francia Gee Atherton • 4'56"38
Descenso mulleres (sub23) Floriane Pugin • 5'50"18 Francia Katy Curd • 6'17"30 Myriam Nicole • 6'41"48 Francia
Descenso homes (sub23) Ruarifh Cunningham • 5'06"82 John Swanguen • 5'08"89 Matthew Scoles • 5'09"07
Four-cross mulleres Jill Kintner Anneke Beerten Países Baixos Melissa Buhl
Four-cross homes Brian Lopes Romain Saladini Francia Jurg Meijer Países Baixos
Remudas Suíza Suíza • 1:33'36" Polonia Polonia • 1:34'25" Estados Unidos de América Estados Unidos • 1:34'45"
Trial mulleres Karin Moor • 7 pt Suíza Gemma Abant Condal • 10 pt España Mireia Abant Condal • 11 pt España
Trial homes absoluto (rodas de 26 p.) Vincent Hermance • 9 pt Francia Gilles Coustellier • 10 pt Francia Kenny Belaey • 12 pt Bélxica
Trial homes absoluto (rodas de 20 p.) Benito Ros Charral • 6 pt España Carles Díaz Codina • 7 pt España Daniel Comas Riera • 10 pt España
Trial homes sub23 (rodas de 26 p.) Aurélien Fontenoy • 6 pt Francia Loris Braun • 17 pt Suíza Hannes Herrmann • 19 pt Alemaña
Trial homes sub23 (rodas de 20 p.) Aurélien Fontenoy • 10 pt Francia Eduard Planas Núñez • 18 pt España Kevin Aglae • 22 pt Francia
Trial por equipos España España • 387 pt Francia Francia • 375 pt Alemaña Alemaña • 337 pt

Medalleiro

[editar | editar a fonte]
Posto País Medalla de ouro Medalla de prata Medalla de bronce Total
1 Francia 6 4 2 12
2 Suíza Suíza 3 3 1 7
3 España España 3 3 2 7
4 Estados Unidos de América Estados Unidos 2 1 2 5
5 China 1 1 1 3
6 Australia Australia 1 1 2
7 Rusia Rusia 1 1
Dinamarca Dinamarca 1 1
9 Reino Unido Reino Unido 3 2 5
10 Alemaña Alemaña 2 1 3
Polonia Polonia 2 2
12 Países Baixos Países Baixos 1 1 2
13 Austria Austria 1 1
República Checa República Checa 1 1
Nova Zelandia Nova Zelandia 1 1
Bélxica Bélxica 1 1