Saltar ao contido

Campo Municipal de Fútbol Platas Reinoso

Campo Municipal de Fútbol Platas Reinoso
Datos
Coordenadas43°08′41″N 8°57′01″O / 43.144694444444, -8.9501666666667
LocalizaciónPrado da Torre s/n, 15150 Baio-Zas, Galiza
Construción
Inauguración1990
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións105 x 65
Capacidade1.500
PropietarioConcello de Zas
LocalíaCD Baio
Eventos
Liga da Costa
editar datos en Wikidata ]

O Campo Municipal de Fútbol Platas Reinoso é unha instalación destinada á práctica do fútbol situada nas proximidades da vila e parroquia de Baio. O seu propietario é o Concello de Zas e nel xoga os seus partidos como local o Club Deportivo Baio.

O seu terreo de xogo é de herba artificial desde 2008[1], de 105 x 65 metros[2], e conta cunha bancada cuberta sendo a capacidade total duns 1.500 espectadores[3].

Antonio Platas Reinoso foi un mestre da vila de Baio represaliado durante o franquismo, que foi quen de sobrevivir e criar os seus fillos grazas á axuda dos veciños.[1] Como contrapartida pola axuda recibida por parte da veciñanza, decidiu ceder unhas leiras da súa propiedade na zona coñecida como Súa Agra para a construción dun novo campo de fútbol, xa que o existente Campo do Balsiño era excesivamente cativo e de superficie irregular.[2][4]

Inaugurouse o 24 de agosto de 1990[5], sendo alcalde Ramón Lois Ordóñez, cun encontro entre o RC Deportivo da Coruña e o Bergantiños FC que o conxunto herculino, dirixido por Arsenio Iglesias, gañou por 3 a 1 grazas á presenza dalgúns dos xogadores máis salientábeis do momento como eran Fran, Yosu, Kanatlarosvki, Stojadinović ou Uralde[3].

  1. 1,0 1,1 "Instalacións". CD Baio. Consultado o 17 de xullo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 Depor Sport (14 de xullo de 2011). "La bondad de un maestro". Consultado o 2016-04-24. [Ligazón morta permanente]
  3. 3,0 3,1 "Comienzan los actos del cuarenta aniversario de la Liga da Costa". La Voz de Galicia (Carballo). Arquivado dende o orixinal o 13/04/2016. Consultado o 24 de abril de 2016. 
  4. Rial, S. G. (20 de xuño de 2018). "Campos de fútbol de hierba de altura en la Costa da Morte". La Voz de Galicia Carballo (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2019. 
  5. "Historia". CD Baio. Consultado o 17 de xullo de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

"Real Federación Galega de Fútbol - Consulta de Campos". www.futgal.es.