Campo de Golf Balneario de Augas Santas
O Campo de Golf Balneario de Augas Santas é un campo de golf galego de 18 buracos, situado no lugar das Augas Santas, na parroquia de Pantón (Pantón). Foi deseñado por Alfonso Vidaor e foi inaugurado o 1 de xaneiro de 2006.
Historia
[editar | editar a fonte]O Hotel Balneario de Augas Santas foi inaugurado o 19 de xullo de 2006. As augas da zona son sulfuradas bicarbonatadas sódicas, fluoradas e indicadas en procesos reumatolóxicos, dermatolóxicos e respiratorios. Brotan de xeito natural a entre 16 e 24,5 °C.
As instalacións actuais do novo Balneario xunto co hotel e o campo de golf foron construídas nas proximidades do antigo balneario de mediados do século XIX que chegou a ter sona en toda Galiza. Xa entón as augas da zona tiñan sona de medicinais, a este balneario viña xente de toda España, Portugal e ata Francia. A mediados do século XX o balneario foi abandonado e nos anos 1970 ardeu quedando en ruína. Os veciños da zona seguiron acudindo a polas súas augas.
Percorrido
[editar | editar a fonte]- Barras Brancas / 5.344 m Par 70, Slope = 124, Valoración = 68,6
- Barras Amarelas / 5.206 m Par 72, Slope = 123, Valoración = 67,9
- Barras Vermellas / 4.572 m Par 72, Slope = 120, Valoración = 69,4