Saltar ao contido

Can mapache

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Can mapache
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Carnivora
Familia: Canidae
Xénero: Nyctereutes
Especie: N. procyonoides
Subespecie: N. p. viverrinus
Nome trinomial
Nyctereutes procyonoides viverrinus

O can mapache[1] (Nyctereutes procyonoides viverrinus)[2] é unha subespecie de Nyctereutes procyonoides, un mamífero pertencente á familia dos cánidos.

Características

[editar | editar a fonte]

É unha especie do mesmo tamaño ca o raposo, mais coas patas moi curtas, o pelame moi denso e máis groso. A súa fisionomía facial lembra a dun mapache. Vive en forestas de árbores caducas con presenza dun sotobosque mesto e variado. É unha especie solitaria e nocturna. Nada ben na auga. Nas zonas máis frías, hiberna, caso único entre os cánidos. A súa alimentación é omnívora: roedores, aves, ovos, insectos, ras, froitos e tamén raigañas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Oriúndo do leste de Asia, foi introducido na zona europea da Unión Soviética na década de 1930. Dende entón tense estendido por Finlandia, centro e sueste de Europa.

  1. Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula Catálogo español de especies exóticas invasoras. Páx 22, BOE-A-2013-8565-G (en galego)
  2. "ITIS Standard Report Page: Nyctereutes procyonoides viverrinus". www.itis.gov. Consultado o 25 de xuño de 2017. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.