Cancioneiro Popular Galego
Cancioneiro Popular Galego | |
---|---|
Título orixinal | Cancioneiro Popular Galego |
Autor/a | Dorothé Schubarth e Antón Santamarina |
Lingua | lingua galega |
Xénero(s) | música tradicional galega |
Data de pub. | 1984 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Cancioneiro Popular Galego, é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina e promovido pola Fundación Barrié, que recolle unha amplísima recompilación das cancións populares do país. Esta obra supón a máxima achega realizada até o momento na área de coñecemento e conservación do folclore musical de Galicia. Cada un dos sete volumes divídese nun tomo de melodías e partituras e outro de letras.[1]
Características
[editar | editar a fonte]O traballo de recolleita levouse a cabo, entre 1978 e 1983 por Dorothé Schubarth, coa inestimábel axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas, tanto en Galicia coma noutras áreas de fala galega. A riqueza, a diversidade e a particularidade das melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes editados en 1984 pola Fundación Barrié, que apoiou economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fundación Barrié (24 de abril de 2020). "Cancioneiro Popular Galego". Consultado o 24 de xaneiro de 2021.
- ↑ Mapa sonoro de Galicia. Consello da Cultura Galega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da literatura galega. Obras III. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-365-8.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Cancioneiro Popular Galego Fundación Barrié.