Saltar ao contido

Candi Gómez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCandi Gómez
Biografía
Nacemento14 de maio de 1928 Editar o valor en Wikidata
O Porriño, España Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Granada, España Editar o valor en Wikidata
Presidente Granada Club de Fútbol
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata

Cándido "Candi" Gómez Álvarez, nado no Porriño o 14 de maio de 1928 e finado en Granada o 2 de setembro de 2024, foi un futbolista e dirixente de fútbol galego, que xogaba como gardameta. Desenvolveu toda a súa carreira entre a Primeira e a Segunda División, destacando especialmente no Granada, club co que disputou 199 partidos oficiais e do que, trala súa retirada, foi presidente ata en cinco ocasións entre 1967 e 1997.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nacido no Porriño, xogou na canteira do Logroñés e do Athletic Club e para a tempada 1947/48 foi cedido inicialmente ao Valencia. Chegou ao club valenciano como substituto de Ignacio Eizaguirre ante a inminente marcha deste, pero finalmente o gardameta vasco acabou renovando o seu contrato, polo que finalmente foi Candi quen deixou Valencia despois dun único partido oficial.[1][2] Pasou o resto da campaña cedido no Valladolid, co que conseguiu o ascenso a Primeira da man de Antonio Barrios.[1]

  1. 1,0 1,1 Torres, David (2 de setembro de 2024). "Muere Candi Gómez, el jugador más mayor de la historia del Valencia y el presidente más longevo del Granada" (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2024. 
  2. "Muere el portero Candi, el último superviviente del Valencia eléctrico" (en castelán). 2 de setembro de 2024. Consultado o 24 de setembro de 2024.