Candice DeLong
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de xullo de 1950 ![]() Chicago, Estados Unidos de América ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Offender profiling (en) ![]() ![]() |
Ocupación | criminóloga, enfermeira, escritora ![]() |
Período de actividade | 1978 ![]() |
Empregador | Universidade do Noroeste Federal Bureau of Investigation ![]() |
Candice DeLong, nada o 16 de xullo de 1950, é unha exaxente e criminóloga do FBI.[1] DeLong foi a xefa de perfís crimimais en San Francisco, California, e traballou no caso Unabomber.[1] É a presentadora dos programas de televisión de Investigation Discovery Deadly Women e Facing Evil with Candice DeLong.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu e criouse en Chicago, Illinois, sendo filla dun contratista de construción e dunha ama de casa.[2] DeLong declarou que o seu pai lle recomendou escoller unha carreira que fose práctica.[3] Antes de entrar no eido criminal, DeLong traballou como enfermeira psiquiátrica no hospital da Universidade do Noroeste en Chicago, Illinois.[3] Porén, cando tiña 28 anos divorciouse cun neno pequeno.[2] Na busca dunha nova carreira, DeLong foi a Quantico, Virxinia en 1980 para asitir á academia de adestramento do FBI. Foi unha das únicas sete mulleres que foron recrutadas.[2] DeLong traballou na oficina de Chicago do FBI despois de graduarse de Quantico.[2] DeLong declarou que os seus tres obxectivos profesionais eran: "involucrarse nun caso criminal nacional de alto perfil, atrapar un asasino en serie e rescatar unha vítima de secuestro con vida".[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Discovery.com (ed.). "Candice DeLong (Discovery ID bio)". Consultado o 15 de marzo de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Nguyen, Lan N. (28 de xuño de 2001). Daily News, ed. "Former FBI agent Candice DeLong talks law and order in her new book". Nova York.[Ligazón morta]
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Blum, Andrea (20 de novembro de 2009). The News Herald, ed. "On the front lines: FBI profiler had high-stakes career". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 14 de abril de 2019.