Saltar ao contido

Canelé

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Canelé

Tipo Doce, biscoito
Orixe Bordeos
Ingredientes
Animal Ovo
Leite
Manteiga
Vexetal Azucre
Vainilla
Ron
Fariña[1]

O canelé, canelat en gascón, é un biscoito caramelizado propio da repostaría de Bordeos.[2] Un longo tempo de cocción aporta ao canelé unha cor marrón escurecida e un exterior crocante.[3]

Ingredientes

[editar | editar a fonte]

Cunha receita a base de fariña, azucre, manteiga e ovos, será despois cada mestra ou mestre reposteiro/a a que lle acabará dando o seu toque persoal con outros ingredientes, existindo as versións con ou sen ron ou vainilla. A decoración da forma do corpo do canelé é sempre tubular.[4]

Canelés cociñados en Melide, á esquerda

Orixes e tradicións

[editar | editar a fonte]

O doce data cunha idade de aproximadamente 300 anos e con rexistros variados sobre o comezo da súa preparación no sur de Francia. Chefs como Jean-Marie Amat documentan o canelé como unha continuación da sobremesa local máis antiga das millas preparada a base de xemas de ovo e fariña de millo. En suma, dúas versións populares apuntan a súa orixe, unha ás monxas do convento de Santa Eulalia que crearon o canelé aproveitando as xemas de ovo doadas polos viticultores que empregaban só as claras para clarificar o viño. A segunda indica aos habitantes dos vales do río Garona que reciclaban fariña que caía dos barcos mercantes e producían o doce que posteriormente se repartía gratuitamente na vila.

A autora Dorie Greenspan investiga a posibilidade común na cociña da descuberta da receita en base a un erro, similar á orixe do Tatin, xa que a apropiada crema esquecida ao lume resultaría nunha mestura cunha coroa natural que trisca ao xeito do moderno canelé.[5]


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]