Saltar ao contido

Canillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCanillo
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°33′59″N 1°36′03″L / 42.5664, 1.6009
PaísAndorra Editar o valor en Wikidata
CapitalCanillo (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación5.781 (2023) Editar o valor en Wikidata (47,78 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie121 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.526 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Q98688655 Traducir Editar o valor en WikidataFrancesc Camp Torres (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
• Q98688669 Traducir Editar o valor en WikidataQ98688674 Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postalAD100 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2AD-02 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcanillo.ad Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453063

Canillo é unha parroquia de Andorra, a máis extensa das sete cunha superficie de 120,86 km² e a primeira por orde protocolaria. En 2011 tiña 4.826 habitantes. A pesar de ter vocación turística, a parroquia de Canillo conserva aínda moitos trazos gandeiros e agrícolas.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A parroquia esténdese ao nordés do Principado sobre o eixo da val da Valira d'Encamp, e limita coas parroquias de Encamp ao sur, Ordino polo oeste e co departamento francés do Ariège ao norte e leste.

A súa altitude varía entre os 1.400 e os 2.913 metros sobre o nivel do mar. O clima é frío e seco, e a neve que cobre as cimas e montañas durante os meses de inverno fana unha parroquia na que se pode gozar plenamente do sol, a neve e a montaña.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Vista do santuario de Caselles

A parroquia de Canillo tiña unha poboación de 4.826 habitantes en 2011. Está constituída polos pobos e núcleos urbanos de Soldeu, el Tarter, Ransol, els Plans, l'Aldosa de Canillo, el Vilar, el Forn, Incles, Prats e Meritxell. Canillo é a capital, cun total de 2.186 habitantes (2009).

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Na parroquia de Canillo atópanse o Santuario da nosa Señora de Meritxell, patroa do Principado, a igrexa de Sant Joan de Caselles (edificio románico de finais do século XI, cuxo campanario é de estilo lombardo) e tamén o Palacio de Xeo de Andorra, con máis de 8.000 m². e unha pista de xeo de dimensións olímpicas.

Igualmente, en Canillo pode visitarse Grandvalira, a estación de esquí máis extensa de Andorra, na que a neve está garantida durante toda a tempada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]