Canle de San Lourenzo
Tipo | vía navegable ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Río San Lourenzo ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ontario, Canadá, Nova York, Estados Unidos de América e Quebec, Canadá ![]() | |||
| ||||
Conéctase con | Great Lakes Waterway (en) ![]() ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 600 (![]() | |||
Actividade | ||||
Operador | St. Lawrence Seaway Development Corporation (en) ![]() St. Lawrence Seaway Management Corporation (en) ![]() ![]() | |||

Na súa acepción máis ampla, a Canle de San Lourenzo (en inglés: Saint Lawrence Seaway, en francés: voie maritime du Saint-Laurent) é un curso de auga profundo, de 3.700 km de lonxitude, un sistema de canles que permite aos buques procedentes do océano Atlántico alcanzar a cabeza dos Grandes Lagos de América do Norte ata o lago Superior. Pero segundo a lei, esténdese só desde Montreal ao lago Erie, incluíndo a canle Welland que permite salvar as cataratas do Niágara.
Características
[editar | editar a fonte]A primeira parte da vía marítima é unha cadea de canles ao longo do río San Lourenzo que comprende sete esclusas (cinco canadenses, dúas americanas). A vía comeza no porto de Montreal, onde a canle do South Shore (esclusas Saint-Lambert e Sainte-Catherine) permite salvar os rápidos de Lachine. Ao oeste da illa de Montreal e do lago San Luís, a canle e as dúas esclusas de Beauharnois permiten ir máis aló da central hidroeléctrica de Beauharnois.
A vía marítima deixa Quebec polo lago Saint-François e a Primeira nación do Consello dos mohawk de Akwesasne para pasar entre a provincia de Ontario e o estado de Nova York ata o lago Ontario. A canle Wiley-Dondero (esclusas Snell e Eisenhower) permite ir máis aló da central hidroeléctrica Moses-Saunders. A esclusa curta de Iroquois tamén permite ir máis aló da presa Iroquois que controla o nivel do lago Ontario.
A vía marítima abriuse á navegación o 25 de abril de 1959 (apertura oficial o 26 de xuño de 1959 pola raíña Isabel II do Reino Unido e o presidente norteamericano Dwight D. Eisenhower). A canle está baixo unha administración conxunta canadense e americana.
A construción da vía marítima supuxo a introdución involuntaria de especies non indíxenas animais e vexetais nos ecosistemas acuáticos de San Lourenzo e dos Grandes Lagos, como o mexillón cebra e a lamprea de mar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Great Lakes St. Lawrence Seaway System web site (en inglés)
- The Saint Lawrence Seaway Development Corporation (en inglés)
- The Lost Villages Historical Society (en inglés)
- Excerpt from the Illustrated London News, January 11, 1862 describing the Canals of Canada. (en inglés)
- Exchange of Notes, amending 1959 Agreement of Application of Tolls (en inglés)