Capítulo Serenísimo do Albariño
Capítulo Serenísimo do Albariño | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Capítulo Serenísimo do Albariño é unha asociación de Cambados dedicada a promover e difundir a cultura do viño albariño.
Son os encargados de fallar o mellor caldo na festa do albariño nas categorías de ouro, prata e bronce, escollido por un xurado profesional. Así mesmo, a asociación ten a encomenda de dar o pregón da festa.
Xerarquicamente conta cun Gran Mestre, un Chanceler, un Copeiro Maior e damas e cabaleiros. En caso de ausencia do Gran Mestre será o Copeiro maior quen exerza coma tal. Dous pregoeiros destacados ó longo da historia son José María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro.
A primeira acta dun premio data do ano 1969, todas as elaboradas desde entón recóllense nun volume editado por Bibliófilos Gallegos, unha obra que contén unha recompilación histórica con cita expresa a todos os viños e adegas premiados desde os anos 60 ata a actualidade. Nese mesmo ano, Manuel Fraga Iribarne foi nomeado Gran Mestre do Capítulo Serenísimo do Albariño.
Inviste os seus novos membros mediante a imposición da tradicional capa azul.