Saltar ao contido

Capela Real de Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capela Real de Granada

TipoMonumentos do patrimonio histórico de España, capela real e museo Editar o valor en Wikidata
Parte deS.A.I. Catedral Metropolitana de la Encarnación Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura gótica e arquitectura do Renacemento Editar o valor en Wikidata
DioceseArquidiocese de Granada (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°10′34″N 3°35′56″O / 37.176, -3.599
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Granada
ConcelloGranada Editar o valor en Wikidata
Altitude81 m Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1506 Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
ArquitectoEnrique Egas Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben de Interese Cultural
Data3 de setembro de 1962
IdentificadorRI-51-0000041

Ben de Interese Cultural
Data6 de novembro de 1884
IdentificadorRI-51-0000041

Ben de Interese Cultural
Data19 de maio de 1884
IdentificadorRI-51-0000041
Contacto
Páxina WEBcapillarealgranada.com… Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A capela Real de Granada é un templo relixioso situado no centro histórico da cidade de Granada. Nela atópanse soterrados os Reis Católicos, Xoana I de Castela e Filipe I de Castela.

Os Reis Católicos escolleron coma lugar de soterramento a cidade de Granada, e mediante Real Cédula de data 13 de setembro de 1504, estableceron a construción da Capela Real. Comezou a construírse no ano 1505 por Enrique Egas en estilo gótico. Ademais interviñeron na súa construción Juan Gil de Hontañón, Juan de Badajoz el Viejo e Lorenzo Vázquez de Segovia.

Rematouse no 1517, consagrándose aos santos Xoán Bautista e Xoán Evanxelista. Ao longo dos anos dotouse de obras de arte, obxectos litúrxicos e reliquias. Perdeu certa importancia cando Filipe II decidiu que o lugar de soterramento da súa dinastía estivera no Escorial, a onde trasladou algúns dos restos.

O museo foi creado no ano 1913. Co desenvolvemento do turismo en España na segunda metade do século XX, converteuse nun dos centros de atracción turística da cidade de Granada.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]