Caracará do norte
Caracará do norte | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Caracara cheriway (Jacquin, 1784) | |||||||||||||||
Distribución de Caracara cheriway
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Caracara cheriway audubonii (Cassin, 1865) |
O caracará do norte[4] (Caracara cheriway) é unha especie de ave de rapina que pertence á familia Falconidae. É nativo de América do Sur, o Caribe, América Central, e América do Norte até o sur dos Estados Unidos.[1] Outrora, estivo considerado conespecífico con C. plancus e C. lutosa.[5][6][7]
Descrición
[editar | editar a fonte]C. cheriway ten unha lonxitude de 49-58 cm, unha envergadura de 120 cm, e pesa 1050-1300 g.[8] Ten unha cola longa, e ás anchas. As súas patas son longas, e camiña e corre a miúdo no chan. Os adultos teñen o corpo, as ás, a crista e a coroa de cor negra. Teñen manchas brancas no pescozo, rabadilla e as ás. A cola é de cor branca con negro e unha franxa terminal. O peito é de cor branca, finamente barrado con negro. O peteiro é groso, de cor agrisada, e as patas son de cor amarela. A cera e a pel da faciana son de cor amarela escura a laranxa-vermella, dependendo da idade e o estado de ánimo.
Non hai dimorfismo entre os sexos, pero as aves inmaturas son de cor marrón, co peito pálido con manchas de cor café, pernas de cor branca agrisada, e a cera e a pel da faciana é agrisada ou rosada-púrpura opaca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2009). "Caracara cheriway". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 4 de abril de 2011.
- ↑ Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Caracara cheriway (TSN 175595)" (en inglés).
- ↑ Dove, Carla J.; Banks, Richard C (1999). "A Taxonomic Study of Crested Caracaras (Falconidae)" (PDF). The Wilson Journal of Ornithology - The Wilson Bulletin (Wilson Ornithological Society) 111 (3): 330–339. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2018.
- ↑ Definición de caracará no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ AOU Check-list of North American Birds. 7th edition w. supplements. Consultado o 26 de abril de 2008
- ↑ ABA Check-list (PDF). Arquivado 14 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Version 6.8. Consultado o 26 de abril de 2008
- ↑ Clements, James F (2007). The Clements Checklist of the Birds of the World (6th ed.). Cornell University Press. ISBN 978-0-7136-8695-1.
- ↑ "Crested Caracara Life History". All About Birds. Cornell Lab of Ornithology. Consultado o 22 de agosto de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caracará do norte |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caracará do norte |