Cariño, Cariño
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Cariño | |
---|---|
Vista da vila e do porto. | |
Concello | Cariño[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°44′30″N 7°52′09″O / 43.7416, -7.8693 |
Poboación | 2.758 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Bartolomeu de Cariño[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.127 habitantes (1.593 mulleres e 1.534 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.514 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Cariño está situada no somonte que forman a Punta dos Aguillóns e máis a Punta do Limo no extremo do crebado Cabo Ortegal. Confina ao sur coa parroquia da Pedra. Dende o lugar dos Pedrouzos na mesma praia, sobe a divisoria polo camiño que separa os lugares de Vilar e Cariño de Arriba dos de Airado na parroquia da Pedra até o alto do Faroleiro e vixía do Limo, e dende aquí descende ao mar, que de forma espectacular define os restantes lindes desta parroquia.
A estrada de Mera a Cariño remata no mesmo porto e dende aquí sae outra secundaria que nos leva até a mesma Punta dos Aguillóns ou do Cabo, pasando por San Xiao do Trebo. A altura máis importante da parroquia é o monte do Limo que ten 558 metros.
Historia
[editar | editar a fonte]Dado o auxe do núcleo urbano situado no porto de Cariño, no ano 1896 creouse a parroquia, segregándose os seus lugares da da Pedra.[2]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial, na honra de San Bartolomeu, é de construción moderna e planta de cruz latina cunha soa nave e un campanario cadrado. Érguese no centro da vila na rúa San Xosé. A zona vella da vila correspóndese co que foi unha antiga vila de pescadores, con rúas estreitas e empinadas que descenden cara á praia dende o pequeno alto do Castrillón, onde houbo antigamente unha garita de vixilancia artillada. A vila nova érguese ao longo da estrada que chega dende Mera para enlazar coa AC-862 ou Estrada da Costa.
Na actualidade está consolidado como importante porto pesqueiro e tamén de carga de mineral procedente das minas de serpentinita e de seixo das parroquias de Landoi e A Pedra. No lugar de San Xiao existe unha pequena capela na que se celebra unha romaría o derradeiro sábado de xaneiro.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Aguillóns e Cabo Ortegal.
-
Enseada de San Xiao.
-
A Cova, no Cabo Ortegal.
-
Faro do Cabo Ortegal.
-
Punta do Limo.
-
Igrexa de San Bartolomeu.
-
Capela de San Xiao.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cariño
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cariño no concello coruñes de Cariño | |
---|---|
Parroquias de Cariño
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño | |
---|---|
Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo) |