Caridad Zazo Cardeña
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xaneiro de 1945 (79 anos) Villaluenga de la Sagra, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - doutoramento (–1980) |
Director de tese | Emiliano Aguirre |
Actividade | |
Campo de traballo | Xeomorfoloxía, Era cuaternaria, Plioceno, neotectonics (en) e Eustatismo |
Lugar de traballo | Museo Nacional de Ciencias Naturales (pt) |
Ocupación | xeóloga, xeomorfóloga |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas, profesora de investigación do CSIC, profesora emérita (1991–) Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC Scientific Researcher (en) (1989–1991) Consello Superior de Investigacións Científicas, CSIC Permanent Research Scientist (en) (1986–1989) Universidade Complutense de Madrid, adjunct professor (en) (1984–1988) Universidade Complutense de Madrid, profesora asistente (1980–1984) |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Eduardo García-Meléndez (en) , Teresa Bardají (pt) e Javier Lario (pt) |
Caridad Zazo Cardeña, nada en Villaluenga de la Sagra, Toledo, o 22 de xaneiro de 1945, é unha xeóloga española, especializada nos cambios do nivel do mar no Cuaternario. É profesora investigadora do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) no Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid. Desde 2015 é membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en 1968 en Ciencias Xeolóxicas pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén se doutorou en 1980. Entre 1984 e 1988 foi profesora titular do Departamento de Xeomorfoloxía e Xeotectónica da Facultade de Ciencias Xeolóxicas. Desde 1986 pertence ao CSIC, primeiro como colaboradora, desde 1989 como investigadora científica e, desde 1991, como profesora investigadora no Museo Nacional de Ciencias Naturais.[1]
Desde 1990 foi vicepresidenta e de 1992 a 1994 presidenta da Sociedade Española de Xeomorfoloxía.[1]
Desde 1992 é presidenta do Comité Español da Unión Internacional para a Investigación do Cuaternario (INQUA), organización na que tamén pertenceu a diversos comités e subcomités internacionais.[1]
Premios e honras
[editar | editar a fonte]- 2009: "Golden Chondrite of Merit", Centro de Investigaçao Marinha e Ambiental (CIMA) da Universidade do Algarve (Portugal)
- 2011: «Arquero de Ouro», medalla nº 2, Asociación Española para el Estudio del Cuaternario (AEQUA)[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales (2015). "Excma. Sra. D.ª Caridad Zazo Cardeña". Académicos. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2016. Consultado o 18 de abril de 2015.
- ↑ AEQUA Premio Arquero de Oro.